O alcalde linguateiros do PP de Baralla |
O Goberno bipartito da Deputación de Lugo, formado pola coalición de socialistas e nacionalistas, convocou unha xunta de portavoces para hoxe para esixir ao Partido Popular que condene os crimes do franquismo.
O vicepresidente do ente provincial,
Antonio Veiga, advertiu que os populares "non poden seguir un minuto
máis sen pronunciarse con claridade" e por iso pedirá a reprobación do
alcalde de Baralla, Manuel González Capón por dicir que "as vítimas do
franquismo será porque o merecían".
"González Capón ten que pedir perdón e
non só aos grupos políticos, senón ás vítimas do franquismo. O Partido
Popular ten que ser claro e contundente na condena ao franquismo, dado
que polo que respecta a esta deputación o PP nunca foi claro e
contundente á hora de condenar á ditadura", sostivo o político
nacionalista.
Así mesmo, esixiu aos populares que se sitúen ao lado das vítimas: "que é o lado no que estamos os demócratas", asegurou.
Veiga resaltou que cando o Goberno
provincial decidiu retirar honras a Franco, a Pilar Primo de Rivera e á
Falanxe, "os do PP tampouco tiveron a valentía e a honradez de apoiar
esta proposta".
O mércores, o Goberno bipartito recoñeceu
que estuda levar ao pleno provincial do setembro un punto na orde do
día para reprobar ao alcalde de Baralla, Manuel Antonio González Capón,
polo seu defensa dos crimes do franquismo no pleno municipal do pasado
26 de xullo.
A vicepresidenta segunda, Lara Méndez, do
PSdeG, precisou que estuda co BNG condenar as declaracións do rexedor
nas que conveu que "as vítimas do franquismo sería porque o merecían".
Nenhum comentário:
Postar um comentário