Redacción | @VigoDixital | 15 de Septembro de 2014
O Comité Galego de Solidariedade Internacionalista "Mar de Lumes", en colaboración coa Liga Estudantil Galega, convocan esta semana na nosa cidade unhas xornadas solidarias coa Ucraína antifascista baixo o lema "paremos a agresión imperialista".
A programación inclúe unha palestra arredor da situación que se vive naquel país do leste europeu. Óscar Valadares será o encargado de debullar o conflito desatado tras o golpe de estado que derrocou ao Presidente Ianukovich, auspiciado polas potencias occidentais e participado por grupos neonazis no chamado "Euromaidan", e a proclamación –por referendo popular- das República Populares de Donetsk e Lugansk.
Arestora o conflito atravesa un impass logo do cesar o fogo acordado entre Kiev e as milicias populares antifascistas. Estímase que as vítimas mortais, maiormente civís, superan os dous milleiros, e son centos de miles as persoas desprazadas das súas vilas e cidades a consecuencia dos bombardeos e ataques de artillería por parte do exército comandado polo goberno golpista. A charla terá lugar esta terza feira (martes) día 16 ás 20:30h na Libraría Andel (Camelias 102).
Completa o programa das xornadas unha concentración solidaria co povo ucraíno e a resistencia da rexión do Donbass, convocada para a sexta feira (venres) 19 ás 20:30h diante do MARCO.
[Vídeo] Chamamento de Novorossia aos pobos de Europa
Hoxe Ucraína é soamente un campo de entrenamento militar para o renacemento do fascismo mundial. Ao tempo, a poboación do Sureste sofre unha invasión militar que supón o masacre diario da súa poboación nunha operación baixo o paraugas dos EUA, da UE e da OTAN. Fronte o ocultamento mediático e a pasividade xeralizada, o pobo da Novorussia fai un chamado urxente á solidariedade dos diferentes pobos
Grande assistência nas jornadas solidárias com a Ucrânia antifascista que organizam Mar de Lumes e a Liga Estudantil Galega Vigo. Perto de 70 pessoas estiverom durante 2 horas debatendo sobre a situaçom actual no Donbass, geopolítica e o papel do fascismo e o imperialismo no conflicto ucraniano.
As jornadas finalizam a vindoura sexta-feira com um acto solidário convocado no Marco às 20:30.
Proximamente Ilkerman Iker e GZ Videos publicarám imagens e videos da palestra, a quem ...agradecemos o vosso trabalho.
Máis informaçom: www.mardelumes.org
Nenhum comentário:
Postar um comentário