O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 13 de novembro de 2012

A Mesa pola Normalización Lingüística felicita a Lugo por eliminar do rueiro as figuras da ditadura

 
 
07/11/2012 - Axencias / Galiciaé LV
A Mesa pola Normalización Lingüística, nunha reunión da súa asemblea ordinaria en Lugo, tomou a decisión de felicitar publicamente ao Concello da capital lucense pola decisión de eliminar do rueiro da cidade a referencia a figuras "representativas da ditadura" franquista.
 
En concreto, este colectivo fai referencia á "iniciativa anunciada" en pleno polo tenente de alcalde, o nacionalista Antón Bao, quen informou de que o Concello de Lugo retirará o nome de figuras vinculadas o réxime franquista en oito rúas da cidade, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica.
Nun comunicado, A Mesa subliña que se trata dunha "decisión valente" e "coherente cos desexos da poboación lucense", que "maioritariamente avala que se dignifiquen os valores democráticos e a memoria das vítimas da persecución franquista", para "restaurar a convivencia e o consenso democrático".
Na mesma liña, indica que "os pequenos inconvenientes que poidan supor eses cambios son insignificantes comparados co exercicio da dignidade que supón culminar un proceso de restauración democrática pendente desde hai décadas".
Así mesmo, A Mesa aproveita para recordar a súa proposta, formulada conxuntamente coa Asociación Cultura do País, para que a actual Avenida de Ramón Ferreiro leve o nome do poeta monfortino Lois Pereiro, homenaxeado o pasado ano no Día das Letras Galegas

Nenhum comentário:

Postar um comentário