O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 20 de setembro de 2014

A morte do guerrilleiro Perfecto Dios en Chaherrero e nova fuga de Xoán Sorga

Camilo de Dios coa foto retocada do cadáver de seu hirmán Perfecto de Dios

Historia de Xinzo - mirocerredelo / xullo 17, 2014
O grupo de guerrilleiros superviventes da disolta II Agrupación con base na Limia, na que se atopaban Carmen Fernández Seguín o seu fillo Perfecto Dios, Xoán Sorga e Manuel González, na súa fuxida a Castela dende a Serra de San Mamede, foron sorprendidos ás trece horas da tarde do día 16 de maio de 1950, por unha parella de Gardas Civís do posto de Crespos (Ávila), o grupo de catro persoas emprendeu a fuxida; un dos gardas fixo un disparo para detelos, pero soamente Perfecto Dios Fernández se detivo tirándose a unha gabia que había nas inmediacións da beirarrúa da aldea de Chaherrero (Ávila) e sacando unha pistola, respondeu ao fogo contra a parella da Garda Civil quen repeleu a agresión resultando morto Perfecto Dios. Rapidamente acudiu ao lugar dos feitos outra parella de gardas que se atopaba nas inmediacións, iniciando a persecución dos fuxidos (Xoán Sorga e Manuel González) e sendo detida a nai de Perfecto, Carmen Fernández Seguín. Con motivo desta acción, foron atopadas dúas pistolas e propaganda comunista. No tiroteo resultou tamén ferida grave una moza do lugar que ingresou no hospital de Ávila.
 
O asunto foi comunicado o mesmo día dos feitos polo gobernador civil de Ávila ao ministro da gobernación por oficio que di: “Hacia las trece horas del día de hoy, por una pareja de la Guardia Civil, fueron vistos tres individuos y una mujer en la inmediaciones de Chaherrero, anejo de Crespos, que se les hicieron sospechosos y al darles el alto, en vez de entregarse, dispararon con pistolas al parecer, y al ser repelida la agresión por la fuerza, dieron muerte a uno de ellos, encontrando en su poder dos pistolas y unas 500 pesetas, pudiendo además detener a una mujer y dándose a la fuga los otros dos individuos que, hasta el momento, no han podido ser detenidos(…)[i]. “La detenida se llama Carmen Fernández Seguín, de 44 años, viuda, natural y vecina de Sandianes (Orense), la cual desde hace aproximadamente año y medio se juntó en unión de dos hijos a una partida de bandoleros que operaban por la provincia de Orense, capitaneada por Juan Sorga Rodríguez, y como hace más de seis meses, según manifiesta, han perdido todo enlace con el jefe de la agrupación, llamado Saúl, decidieron ante la persecución de que eran objeto por parte de la Guardia Civil de Orense, pues de los veinte que integraban la partida habían sido capturados entre muertos y heridos doce, abandonar la provincia y venir en busca de trabajo de siega a las de Madrid, Segovia o Ávila, pues el Sorga , por haberle sorprendido el Movimiento como segador en la provincia de Madrid y tenía en ella patronos conocidos (…) Y los dos que lograron escapar, son el Juan Sorga y Manuel Rodríguez González, el primero de 30 años y el segundo de 20 (…) Al muerto se le ocuparon dos pistolas, propaganda comunista y efectos de uso personal”[ii]. Perfecto Dios foi enterrado nunha fosa fora do cemiterio católico, segundo foto da ARMH que se publica. Carmen Fernández Seguín, foi xulgada en Ourense polo delito: “de formar partidas armadas dedicadas al bandidaje y terrorismo”. O fiscal solicitou pena de morte sendo finalmente condenada a trinta anos de prisión maior en outubro de 1950. (Do meu libro: Historia e memoria: A LIMIA: 1951-1953).
 
[i] Archivo Histórico Nacional. Fondos expedientes policiais, caixa: H-6561.
[ii] Archivo Militar I. Región Militar Noroeste. Ferrol. Causa militar nº 201/1950.

Máis información:

 
 
 
 
 
As botas de Perfecto de Dios