O Concello dedica a praza situada fronte ao Parador de Turismo ao contraalmirante do Arsenal Militar fusilado no 36
B.Antón Ferrol A Voz 5/2/2011
O contraalmirante Antonio Azarola Gresillón atopábase ao mando do Arsenal de Ferrol o 20 de xullo de 1936. A pesar de que moitos intentaron convencerlle para que se sumase á rebelión franquista, o militar mantívose fiel á República. Buscaba unha neutralidade que evitase a guerra, o derramamiento de sangue, pero non o conseguiu. Poucos días máis tarde, o militar foi detido e sometido a un consello de guerra, e o 4 de agosto, no cuartel de Dolores , Azarola foi fusilado cun crucifixo entre as súas mans.
Case setenta e cinco anos despois da súa desaparición, o Concello quixo rehabilitar o nome do que fose xefe do Arsenal de Ferrol dedicándolle unha praza da cidade: a situada fronte ao Parador de Turismo, xunto ao edificio de Capitanía. E precisamente alí mesmo, onte pola tarde, o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, e outros membros da corporación escenificaron ese recoñecemento mediante a celebración dun acto no que se descubriu unha placa en recordo de Azarola. Á cita tamén asistiron varios descendentes do militar, así como directivos e membros das asociacións Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, impulsoras da iniciativa xunto a Plácido Carro e Izquierda Unida (EU).
Todos eles destacaron a elevada talla humana do contraalmirante Azarola Gresillón, un «home de palabra» cuxa lealdade ao Goberno lexítima e democraticamente constituído, ao que prometera servir, custoulle a vida.
Nota Estación Atlántica:
Nenhum comentário:
Postar um comentário