O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 7 de novembro de 2010

Vídeo-crónica da concentración anti-Ratzinger e da violencia policial



Um comentário:

  1. A visita do papa
    Eu fun criada nunha familia crente e practicante.Tiñamos unha mamá que nos ensinou a ir á misa e rezar, pero creo que o máis importante que aprendemos dela foi a querer ós que tiñan menos e compartir con eles.

    Ela xa non está pero aínda, hoxe en día, atopo xente que lle está agredecida.

    Sigo coa costume de escoitar misa ainda que agora o fago desde a televisión porque xa teño moitos anos. Este día, cando acabou, deron unha reportaxe da visita do Papa a Galicia.

    Cambiei de cadea e estaban cun documental de calquer lugar do mundo donde os nenos viven nun vertedoiro. Nenos que comen dos restos do lixo e viven das latas, dos cartóns, do refugallo … Alí non había traxes de puntillas bordados, nin gorros de cucurucho, nin aneis de ouro. Alí había moita miseria.

    Quedei vendo o documental porque o vaticano, o papa e todo o seu séquito recordáronme ós mercaderes que o Noso Señor expulsou do templo.

    Jesucristo estaría ó lado dos nenos do vertedoiro , non patrullando polo mundo nun papamóvil.

    Cando o fillo de Deus visitaba un pobo era para ensinar a través de parábolas, para sanar enfermos, axudar ós máis desfavorecidos…

    Non para facerlles gastar 6.451 euros por cada minuto que durara a súa visita.

    Mª Francisca Rodríguez Cabanas
    O Ourovello

    ResponderExcluir