O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 14 de novembro de 2011

O documental “Ferrol, 1936” asómase de cheo ao tempo máis escuro do pasado


Presentado o día 29 de outubro na Coruña e onte 13 de novembro en Ferrol
 
Extracto do artigo do Diario digital de Ferrol - 13/11/11:
Trátase dun documental feito por Jorge Gil sobre a represión franquista desenvolvida na cidade e na comarca. Gil levou a cabo este proxecto do Foro pola Memoria de Galicia e producido pola empresa Socialdocs, que conta coa participación do Ministerio da Presidencia e do propio Concello de Ferrol.

O documental narra como no ano 1936 Ferrol era un pequeno punto dentro do territorio español, pero de grande importancia estratéxica e militar. A longametraxe recompila varias conversas con testemuñas directas e historiadores, esclarecendo moitos dos feitos acontecidos, tanto durante os mesmos días do golpe militar, como a través dos longos anos de ditadura.

Na presentación pública do traballo a pasada semana, a guionista Gabriela Amor destacaba no aspecto técnico e de documentación que “se utilizaron fotografías da época e tamén actuais, cedidas por varias tendas de fotografía e tamén polo Arquivo Militar”.

Protagonistas > Polas imaxes de “Ferrol, 1936” poden verse as testemuñas de protagonistas, e vítimas dos feitos narrados, como os casos de Antía Peña, Carmen Filgueira, Juan Vázquez ou Paco Balón, que rememoran como viviron os primeiros días da Guerra Civil e posterior represión franquista, e tamén responden se volverían hoxe actuar igual que o fixeron por aquel entón.

Os testemuños destas persoas están apoiados polos datos que achegan sobre os feitos acontecidos na urbe naval neses días os historiadores Eliseo Fernández e Xosé Manuel Suárez.

Nenhum comentário:

Postar um comentário