A ASOCIACIÓN VIGUESA pola MEMORIA HISTÓRICA do 36
Viguesa Distinguida 2007
CONVOCA
Lugar: FAVEC (Federación de AA. De VV. Eduardo Chao) Praza da Princesa
Día: mércores día 9 ás 11.30 horas
TEMA:
Presentación da demanda no xulgado de Vigo, contra o Concello de Vigo, pola ausencia de resposta ás reiteradas peticións de retirada dos símbolos franquistas dirixidas ó alcakde Abel Caballero Álvarez, (neste caso a cruz do Castro, levantada en homenaxe e honra do nazifascismo), en cumprimento da lei 52/2007.
Esta demanda conta co aval e respaldo de 20 colectivos da cidade e 4046 sinaturas, entre elas as de 9 concelleiros/as da corporación Municipal 2007/2011,e asemade da exvoceira do PSOE no Senado e arestora tenente de Alcalde, Carmela Silva.
Neste acto daremos información detallada e gráfica. Contaremos coa presenza do avogado Guillermo Presa.
Pola diretiva Telmo Comesaña (presidente)
Vigo 8 novembro 2011
Nenhum comentário:
Postar um comentário