Traducción Estación Atlántica
VisitaCompostela.com / 3-11-11
No Colexio Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela ata o 30 de novembro.
A Fundación Aena presentou este xoves a exposición ‘Aviadores da República’, en colaboración o Ateneo de Santiago, a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Aviadores da República (ADAR), segundo anunciou o ente público nun comunicado.
Trátase dun repaso ás orixes e a traxectoria das Forzas Aéreas da República a través de 30 paneis a dobre cara realizados con abundante material gráfico (fotografías e carteis) e textos, así como de varias vitrinas con obxectos cedidos por aviadores da república ou os seus familiares e un audiovisual con intervencións dos protagonistas.
A mostra, que poderá contemplarse no Colexio de Fonseca, edificio renacentista da Universidade de Santiago de Compostela, ata o 30 de novembro, reflexa tanto a achega á contenda bélica dos aviadores republicanos como os lazos de fraternidad que estes estableceron durante a mesma e na posguerra, e que lles serviron para a reivindicación e obtención dos seus dereitos como aviadores militares profesionais na democracia e a consolidación dunha rica memoria aeronáutica.
Con esta mostra ADAR quere tamén render homenaxe a todos os aviadores (pilotos, observadores, ametralladores, fotógrafos, armeiros, mecánicos, soldados, persoal especialista e administrativo) que formaron as Forzas Aéreas da República.
Nenhum comentário:
Postar um comentário