O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 23 de novembro de 2011

Actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento do Dr. Manuel Díaz González

Dr. Manuel Díaz González
[1886-1936]
O Pequeniño do Incio

26 e 27 de Novembro de 2011

Día 26/11/2011
Hora: 16,30 horas.
Lugar: Salón de actividades da Casa do Concello do Incio

Conferencia – coloquio coa intervención dos seguintes participantes:

Coordinador: Xosé Ramón Fandiño Veiga. Escritor e xornalista.

Poñentes:
- Xosé Alvilares Moure. Teólogo e escritor.
- Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea na USC e director do Proxecto Interuniversitario “Os Nomes, As Voces”).
- Claudio Rodríguez Fer. Catedrático de Literatura na USC , poeta e estudoso da represión vinculada á Guerra Civil.
- David Simón Lorda. Médico psiquiatra, estudoso da represión no colectivo médico en Galicia.
- José Luis Díaz Gómez. Médico investigador da Universidade Nacional Autónoma de México e autor, entre outros, de dous libros sobre o homenaxeado do que é sobriño.

Día 27/11/2011
Hora: 11,00 horas.
Lugar: Casa do Concello do Incio.

Visita, en compañía da Sra. Alcadesa - presidenta do concello do Incio, membros da corporación municipal e familiares de don Manuel Díaz González, á mostra documental sobre o que foi médico municipal.

Hora: 12,00 horas.

Lugar: Parque biosaudable de Cruz do Incio.

Descubrimento do busto erixido en memoria do doutor Don Manuel Díaz González [1.886-1.936], O Pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e público en xeral.

Actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Hora: 13,00 horas.

Lugar: No castiñeiro da Casilla da Serra, ao pé da estrada que de Rubián conduce ao Incio.

Descubrimento do monólito erixido en memoria do doutor Don Manuel Díaz González [1.886-1.936], O pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e público en xeral. Con actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e breve recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Posteriormente, celebrarase un xantar na carpa que se instalará nas proximidades do parque. Os interesados en asistir deberán retirar as tarxetas en diversos establecementos do Incio.

Coa colaboración :
Concello
Deputación Provincia