Un busto do ditador no pazo
A Comisión asegura que o goberno galego destina 23.000 euros a gastos de seguridade
A Voz de Galicia - R. D. Seoane A Coruña 01 de maio de 2012
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña denuncia que a Xunta dedica 23.000 euros para pagar a seguridade da familia Franco no pazo de Meirás, segundo a contestación recibida do Valedor do Pobo tras a queixa exposta no 2011 polo peche do pazo durante o mes de agosto.
Segundo a CRMH, este ano tamén está previsto que a Xunta autorice de novo o peche ao público do pazo durante o mes de agosto, coincidindo coas vacacións dos Franco, polo que denuncia que «a Xunta está ao servicio dos intereses da familia do ditador e incumpre a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia». Ademais, considera «o colmo» que «a Xunta, é dicir, todos nós, teñamos que pagar a seguridade desa familia, que disfruta desde hai 74 anos dun pazo que foi mercado cuns cartos roubados ao pobo e aso concellos coa presión e a chantaxe dos fascistas».
Nenhum comentário:
Postar um comentário