O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 2 de maio de 2012

Exposición sobre Mercedes Núñez Targa en Ferrol


O Foro pola Memoria de Galicia achega neste mes de maio un ciclo de actividades na nosa cidade para dar a coñecer e divulgar a vida exemplar dunha loitadora infatigable, Mercedes Núñez Targa, militante das caracterizadas por Bertolt Brecht como das imprescindibles.

A inauguración desta exposición sobre a súa vida realizarase no Centro Cívico de Caranza, o vindeiro mércores 2 de maio, ás 20:00 horas do serán e abrirá o ciclo de actividades que ao longo do mes o Foro pola Memoria Republicana de Galicia desenvolverá sobre esta muller exemplar. A exposición realízase en colaboración co Memorial Democràtic de Catalunya e permitirá estudar e divulgar as peripecias dunha existencia marcada pola loita contra o franquismo e o nazismo, pois non en van Mercedes Núñez sobreviviu ao campo nazi de Ravensbruck, logo de ser detida en Betanzos e compartir no tempo da República a condición de secretaria do poeta Pablo Neruda.

A inauguración da exposición acompañarase ao longo do mes de maio da presentación dun libro sobre ela, “Destinada ao crematorio” e dunha charla sobre a súa vida que se desenvolverán neste mes de maio.

Na organización desta actividade de memoria histórica colabora o Partido Comunista de Galicia, na certidume da necesaria divulgación dunha historia de dignidade que ten, está a ter nas loitas cidadás de hoxendía e terá continuidade na nosa cidade segundo apuntou a secretaria de Muller do comité do Partido, Paula Meizoso.

Nenhum comentário:

Postar um comentário