Nomes e Voces
Entre o 20 e 22 de xuño, celebrarase no Campus de Ourense as I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura, dirixidas polos profesores e especialistas en represión franquista: Julio Prada (Universidade de Vigo) e Abdón Mateos (Universidad Autónoma de Madrid) e orgaizadas desde a UNED.
Fronte á propaganda oficial, que insistía en presentar un país unanimemente identificado coa obra redentora do Caudillo, álzase unha realidade, complexa e poliédrica, na que as inquebrantables adhesións mestúranse con importantes segmentos de oposición e con esa multiforme masa de indiferentes, pasivos e non comprometidos aos que réxime intenta atraer facendo uso das máis variadas fórmulas. En consecuencia, preténdese identificar e interpretar os mecanismos de xeración de consensos utilizados pola ditadura en Galicia durante o primeiro franquismo, analizar os seus apoios sociais e a xestión do poder local e afondar na variada gama de actitudes individuais e colectivas, indagando nas causas que as explican e no papel que desempeñaron para a súa consolidación.
PROGRAMA
Mércores, 20 de xuño de 2012
9,30 h. Recepción de participantes e inauguración do curso.
10,00 h. Emilio Grandío Seoane. Profesor titular de Historia Contemporánea (USC). 'A xestión do poder
local: vellas e novas elites'.
11,30 h. Descanso.
12,00 h. Ana Cabana Iglesia. Profesora contratadadoctora de Historia Contemporánea (USC). 'Non só Franco, non só os franquistas. As raíces do consentimento en Galicia'.
13,30 h. Mesa redonda e debate: 'Consentimento e poder na Galicia do primeiro franquismo. Emilio Grandío, Ana Cabana, Julio Prada.'
16,00 h. Dionisio Pereira González. 'Economista e Historiador. Patróns e pescadores: a Galicia mariñeira'.
17,30 h. Proxección, mesa redonda e debate. Xoel Díaz, Beatriz Nieto, Maiquel Vázquez.
Xoves, 21 de xuño de 2012
10,00 h. Domingo Rodríguez Teijeiro. Profesor titular de Historia
Contemporánea (UVigo). A Fronte de Mocidades.
11,30 h. Descanso.
12,00 h. Daniel Lanero Táboas. Investigador contratado Parga Pondal (USC). 'A Organización sindical: encuadramiento e control social dos traballadores'.
13,30 h. Mesa redonda e debate: 'Encadrando masas: os límites das políticas de atracción'. Domingo Rodríguez, Daniel Lanero, Ana Cebreiros.
16,00 h. Ana Cebreiros Iglesias. Bolseira María Barbeito (UVigo). 'Mulleres para España: a Sección Feminina de Falanxe'.
17,30 h. Proxección, mesa redonda e debate. Xoel Díaz, Beatriz Nieto, Maiquel Vázquez.
Venres 22 de xuño de 2012
10,00 h. José Ramón Rodríguez Lago. Profesor asociado de Historia Contemporánea (UVigo). 'A Igrexa galega'.
11,30 h. Descanso.
12,00 h. Julio Prada Rodríguez. Profesor titular de Historia Contemporánea (UVigo). 'Propaganda e nacionalización das masas'.
13,30 h. Mesa redonda e debate: Deus e Patria: a comunidade nacionalcatólica mito ou realidade? J. R. Rodríguez Lago, Julio Prada, Domingo Rodríguez.
16,30 h. José Luís Castro de Paz. Catedrático de Comunicación Audiovisual (USC). 'O discurso e a pegada: a representación de Galicia nas imaxes cinematográficas durante o franquismo'.
18,00 h. Mesa de debate.
19,00 h. Entrega de diplomas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário