Ourense, 20, 21 e 22 xuño 2012
Mañá mércores día 20 comezan no Campus de Ourense as I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura, dirixidas polos profesores e especialistas en represión franquista: Julio Prada (Universidade de Vigo) e Abdón Mateos (Universidad Autónoma de Madrid), organizadas desde a UNED.
Nas xornadas participarán varios membros de HISTAGRA: Ana Cabana e Daniel Lanero e do Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces': Emilio Grandío, Dionisio Pereira e Julio Prada.
Fronte á propaganda oficial, que insistía en presentar un país unanimemente identificado coa obra redentora do Caudillo, álzase unha realidade, complexa e poliédrica, na que as inquebrantables adhesións mestúranse con importantes segmentos de oposición e con esa multiforme masa de indiferentes, pasivos e non comprometidos aos que réxime intenta atraer facendo uso das máis variadas fórmulas. En consecuencia, preténdese identificar e interpretar os mecanismos de xeración de consensos utilizados pola ditadura en Galicia durante o primeiro franquismo, analizar os seus apoios sociais e a xestión do poder local e afondar na variada gama de actitudes individuais e colectivas, indagando nas causas que as explican e no papel que desempeñaron para a súa consolidación.
Adxuntamos o programa das xornadas.
Agardamos que esta información sexa de interese.
I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura
Data: 20, 21 e 22 xuño 2012
Lugar: Aula Multiusos do Edificio de Facultades, no Campus de Ourense
Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598
Nenhum comentário:
Postar um comentário