O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 1 de junho de 2012

Presentación: Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía


Lourenzo Fernández Prieto e Nomes e Voces (eds.)

O vindeiro día martes 5 de xuño ás 19.30 horas, o Grupo de Investigación Interuniversitario Nomes e Voces, presenta o libro Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía.

O acto será ás 19.30 horas na Libraría Couceiro (Cervantes, 6. Santiago de Compostela) e contará coa participación dos autores.O libro, editado por Ediciones Trea en 2012, recolle as cuestións que se abordaron no 'Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz' organizado polo Proxecto 'Nomes e Voces' en Santiago de Compostela no ano 2010, no marco do Foro pola Paz.

O golpe de Estado de 1936, a guerra civil e a posterior represión franquista, as ditaduras americanas, o xenocidio, a persecución e a liquidación do inimigo político, a recuperación da memoria e a voz das vítimas: olvidar, lembrar, reparar e superar... Estas son algunhas das cuestións que se abordaron no 'Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación y Cultura de Paz', cuxos resultados se plasman nesta obra, na que, coa historia como epicentro e a memoria como referente, explícase a convivencia do noso presente cun pasado incómodo, co que resulta difícil convocar acordos e que está plagado de lecturas partidistas.Este libro presenta distintas aportacións e debates desde diferentes ámbitos de coñecemento e desde a propia sociedade civil organizada para recuperar e reivindicar a memoria. En conxunto, trátase dunha obra na que se reflexiona sobre os totalitarismos e as súas vítimas, sobre as múltiples formas de abordar seu coñecemento e sobre a necesidade de reparar a súa memoria. Supón unha contribución a un amplo debate de dimensións internacionais, e apenas aberto en España, no que se dan cita a historia, o dereito, a administración, a opinión pública, a política ou a sociedade civil.

Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598

Nenhum comentário:

Postar um comentário