Hoxe martes 12 de xuño ás 20:00 horas, na Fundación Paideia na Coruña, preséntase o libro de memorias de Nicolás Sánchez-Albornoz "Cárceles y exilios", publicado por Anagrama (2012).
O acto está organizado polo Ateneo Republicano da Coruña.
Intervirán no acto o Profesor Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto 'Nomes e Voces', o escritor Suso de Toro e o autor do libro, Nicolás Sánchez-Albornoz.
O historiador Nicolás Sánchez Albornoz (Madrid 1926), é fillo de don Claudio Sánchez-Albornoz -un dos grandes intelectuais españois do século XX e embaixador da República Española en Lisboa cando estala a Guerra Civil- Fundador, xunto a José Martínez, Ramón Viladás e Vicente Girbao, de Edicións Arena Ibérica, nas súas memorias que presenta relata a etapa hostil que lle tocou vivir, unha secuencia cronolóxica de catro décadas marcadas por o desenvolvemento dunha temperá conciencia política, polo exilio e o paso por varios establecementos penitenciarios. A súa estadía no campo de prisioneiros de Cuelgamuros pasou á pequena Historia do franquismo pola rocambolesca fuga que no ano 1948 protagonizou xunto a Manuel Lamana cando, co apoio de Paco Benet e as escritoras Barbara Probst Solomon e Barbara Mailer, consegue chegar a Francia tras cruzar a pé os Pirineos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário