Lugar de paseos. A Paxase-Vincios
Foto Telmo comesaña
LIBRO VIVENTE
LUGAR: MUSEO VERBUM –VIGO
ORGANIZACION:
XANDOBELATITULO DO LIBRO:
6 ASASINADOS, 5 VIUVAS E 20 ORFOS
E se a túa vida non é como cha contaron? E
se descobres que teu pai,que morreu cando eras pequeño, realmente foi
asesinado? Porque escoitas dicir que
“era un dos malos”, cando sabes que non é certo? Coas seis mortes de Alcabre
quedaron vinte orfos que viviron nunha mentira. Pero houvo xente capaz de
desmontar a história tal e como lla contaron, e reconstruila a partir da
verdade
-Os meus acompañantes no andel: foto de meu pai José comesaña Pérez e outra da miña nai Eusebia Pampillón Oitavén acompañada dos fillos Telmo e Margarita Comesaña Pampillón (feita na alameda de vigo no 1940 para o cerné de Beneficencia), e dous libros: “La Morena de la Copla” e “Episodios de Terror” durante a guerra civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón
O
espazo era na bibloteca do museo co mabiliario acaido e libros de temas
diversos, oito cadeiras para os/as lectores/as, unha bancada e una mesiña para
as miñas pertenzas
Dispuña
de 25 minutos para recir os/as escolares e que leran o libro que escolleran, e
aquí comenza o meu labor de libro vivente:
-Chega
un grupo de xoves mozas e mozos que
veñen como pexados, a descubrir o libro. Eu decátome que o titulo do libro e as
preguntas que nel se fan son abondo fortes pero que veñan a descubrir.
Comenzo saudando e invitando a que se senten; preguntandolles de que centro de Estudos son e por qué escolleron este libro. Timidamente contestan que debe haber algo moi interesante. Para facer máis doado o trato preguntolles algo sobor do Centro ou de onde son; a idea é que distendan e vexan que o libro se mistura con eles e con elas. E logo preguntolles si queren ir abrindo o libro ou si prefiren que o libro se abra. A resposta é unánime: que se abra o libro. E de contado o libro abrese e comenza por presentarse.
-Chamome
Telmo, nacín preto daquí, e doulles referencia do lugar, e, mostrandlles a foto
na que estou coa miña mai e irmá, digolles: vesdes este neno que está aquí todo
chulo? Pois este son eu cando tíña seis
anos, esta era miña nai e esta a miña irmá, Margarita, as dúas xa finadas, e
sinalandolle a de meu pai digolles que se
chamaba José e fora asesinado xunto co
seu irmán Antonino e outros catro homes máis;matarnos en Vicios e levaronos nun
carro de bois a enterrar a Mañufe
(Gondomar). Quedamos soiños e desamparados, ainda que non fomos dos que pior o
pasamos porque eramos unha familia longa e uns tios levaron a miña irmá que tiña
oito meses e criarona ata que miña nai se pudo facer cargo de nós.
Meus
curmáns de sete e cinco anos tamén foron axudados por outros tíos … E por qué
os mataron?
Doulle a ler as consignas do xeneral Emilio Mola:
-
Un mozo lé en alto: “Se tendrá en cuenta que la acción ha de ser extremadamente
violenta para reducir al enemigo que es fuerte y bien organizado.
Desde
luego serán encarcelados todos los directivos de partidos políticos,sociedades
ty sindicatos no afectos al Movimiento, aplicándoles castigos ejemplares a
dichos indeviduos para estrangular los movimientos de rebeldía o huelga.
(PARLAMENTAR)
¡¡JAMÁS!!
Esta
guerra qiene que terminar con los enemigos de España
Hay
que sembrar el terror, tenemos que crear una impresión de dominación eliminando, sin escrúpulo ni vacilación, a
todos los que no piensen como nosotros.
Cualquiera
que sea abierta o secretamente del frente popular debe ser fusilado”.
Dirixindo
a man deica a foto de meu pai, digolles:él estaba dentro desas condiciós: era
segredario da “Sociedade de agricultores de Alcabre, era do partido socialista,
(dos de antes de Suresnes) e porén do Frente Popular”
Por
esas consignas tan claras en tres anos asasinaron en Galicia preto de 6000 homes
e lagunhas mulleres; a outras moitas raparonlle o cabelo, maltrtaronas,
violaronas,edeixaronas viuvas con fillos e desamparadas, e de aí, os vinte
orfos de Alcabre oe os arredor de 20.000 en Galicia. Como reacionaría a
sociedade de hoxendía, si
chegara unha noticia que nalgún país acontecerá algo semellante? Coido que
sería qrrepiante. Pois aconteceu aquí,e
eu son un deles e neste país ainda ninguén nos pediu perdón , e os asesinos
morreron tranquilamente na cama e os fillos herdaron as fortunas acadadas
vilmente,As vitimas de ETA foron recoñecidas e apoiadas , pola contra para nos
só desprezo .
O
historiador Paul Preston, no libro “El Holocausto español” mostranos o abuso
dos terratenientes cos xornaleiros,
(España era un país rural; a industria estaba en Barcelona e Bilbao), as
familias dos sin terra morrían de fame e cando protestaban a garda Civil mataba
indiscriminadamente, e a Igrexa Católica estaba ao carón dos polerosos e dos
caciques, e porén o ódio dos xornaleiros
e traballadores desprotexidos, á Igrexa Católica. O 14 de abril do 1931
foi proclamada a República despois de que o rei Alfonso XIII abandonara España
porque as esquerdas gañaran as eleccións municipais. Naceu unha ilusión. A República sacou adiante
unha Constitución moi avanzada na que a muller que ata o daquela era propiedade
do home, pasou a ter os dereitos de igualdade có home, o mesmo ou
semellante cas mulleres dos países nórdicos: dereito ó
voto,a emanciparse do home, a poder dispor do seu patrimonio, ao divorcio e ao
aborto. Todo isto non foi ben entendido pola mayoría das mulleres que en España
o 70 % fora das grandes ciudades era analfabeta; pasto de curas e caciques.
Crearonse 7000 escolas e instalaronse
bibliotecas en todolos pobos do país. O profesorado deixou de ser aquilo que
perdurou moitos anos na sociedade: “pasas
máis fame cun mestre de escola”; o ensino foi dignificado, e homes como o poéta
García lorca que percorreu os pobos co grupo de teatro “LA BARRACA” para
difundir a cultura que o pobo debecía, chegado o levantamento fascista do 1936
tamén foi asesinado en Granada. O ensino era estatal, obrigatorio, laico e de balde, e a Igrexa non podía impartir
ensino. Rematou coa sangría da guerra de África na que morrían miles de mozos
fillos da clase baixa, e tiña un custo insoportabel só para que miles de
militares trveran ascensos. Os militares
xuraron a Cnstitución, cantaron o himno de riego e bicaron a bandeira – neste
inre levanto a man e ensinolles a pulseira que é a bandeira repúblicana – e
fixeronlla bicar aos mozos que se incorporaban a filas nos exercitos españois. O 18 de xullo do 1936 un grupo de militares
apoiados polos terratenientes, capitalistas e a Igrexa e por Hitler e Musolini
levantaronse en armas contra o Estado Constitucional e o fracasar o golpe de
Estado produciuse a guerra. Nas zonas tomadas nos primeiros días comezou a
represión e prohibindo os símbolos , hímno de Riego e a bandeira tricolor, que
foi pisada,ensangrentada e aldraxada de
tal xeito que ainda hoxe é desprezada.
O
día 1 de abril do 1939 rematou a guerra pero non chegou a paz, seguiron
aplicando as consignas de Mola e encheron as cárceres de homes e mulleres ás
que se eran comunistas ou lesbianas sacabanlles os fillos; fundaron campos de
concentración entre eles os de San
Simón,Figueirido, Sta María de Oia, Camposancos, e algún maáis en Galicia,desterraron
xente dos seus pobos a outros lugares e miles de familias foro nao exílio para
salvar a vida.
Logo
viu a deformación dos logros da República empezando nas escolas para voltar á
muller a situación pre-republicana. Chegado a este punto doulle a ler a unha
moza uns retallos que escollín do libro “La Morena de la copla”:
<…la naturaleza ha hecho a la mujer para la
ternura, para el suspiro por los pequeñuelos, para ser el nido caliente, para
sacrificarse sin aguardar retorno, para
ser esposa y ser madre.>
<…la mujer no conseguirá su destino generalmente, dedicándose al arte,, o a la ciencia, o a los descubrimientos, o a las letras, o al mundo; está destinada por su cuerpo y por su alva a la maternidad y al sacrificio>
<...sin poseer titulo académico>
<…preferimos
a aquella callada y silenciosa, que nos considera maestros de su vida y acepta el consejo y la lección con la
humildad de quien se sabe inferior en talento>
<…se impone una vuelta a la sana
tradición que veía en la mujer, la hija,
la esposa y la madre y no la intelectuala pedantesca que intenta en vano igualar al varón en los dominios de la
ciencia>
<…en la mujer, de ordinario, la afición a la lectura es la pereza disfrazada> ,
Despois
destas leturas pidoles que me digan que pensan, si lles parece ben esas
barbaridades para voltar ás mulleres o dito popular”mujer casada, pata quebrada
y en casa”; e os mozos pidolles si están dacordo co que acaban de oir. Un deles
coa cabeza baixa dixo: sinto vergoña. Moitas desas máximas están asinadas por
frades, curas e fascistas en xeral e que eles e elas sabían que Mme Curie
descubrirá o radio, e Concepción Arenal tuvo que disfrazarse de home para ir a
universidade, e outras mulleres eran poetisas como Rosalía ou escritoras como
Concha Espina, e levando a muller a iñorancia era levala a esclavitude.
QUEDAN
MUDOS, e trato de razoar as diferenzas das épocas e a importancia que para a
muller tiña o casarse. Solteira quedaba soia e sen amparo.
Xa
para rematar mostrolles o libro de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil, “EPISODIOS DE
TERROR” e doulles a ler a carta dun home
que está en “capilla”.
“Carta escrita na noite do 4 de xuño do 1937 por Ramón Fernández, condenado a norte, a
súa muller
Mi
querida Pura: en este momento me encuentro en capilla y desde aquí te mando mi
último abrazo. Para ti y para todos mis hijos, pues se los das por no podérselos
dar yo. Ten resignación y paciencia. No hay que hacerde. Fue mi destino y no te
digo más.
Le das muchos besos a los niños y
abrazos a Joaquín y a los otros.
Sin
más, te abraza tu esposo por última vez.
Adiós
Pura, adiós Purita, Pilar, Ramonita, Pepiño, Divina, Carmiña, Tinito, Linito y
Manolito. Adiós queridos hijos todos. Vuestro padre
Ramón
Fernández
Lo
que has de gastar en mi entierro viste a los niños.
Adiós
querida Pura, adiós”
Preguntolles
si saben ben o que acaban de ler e digolles que non é unha novela, que é a
carta dun home que vaai ser asesinado despois dun xuizo sumario, que deixa unha
muller viuva con sete fillosdesamparados e aldraxadose que as derradeiras
verbas son pedindolle a muller que non gaste cartos no seu enterro ; que vista
aos fillos e isto que dicir que ó home non lle importaba a alma, non era home
de igrexa e ese puido ser un dos motivos da súa norte.
Telmo
Comesaña
Feixoeira-Alcabre
Feixoeira-Alcabre
Vigo
7 marzo 2013
Nenhum comentário:
Postar um comentário