O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 25 de fevereiro de 2014

Piden no pleno de Ribeira que se retire o nome da praza Otero Goyanes

Placa en cerámica vidriada colocada en 1936. C. pola MH de Barbanza

O rexedor afirmou que non reabrirá novas feridas do pasado para non pechar ningunha
              
A oposición acusou ao goberno de Ribeira de falta de vontade política por non cumprir a lei da memoria histórica. O PSOE reclamou a retirada do título de fillo adoptivo a José María Otero Goyanes e o cambio do nome da praza.
 
O alcalde dixo que non revisará a historia para abrir novas feridas da Ditadura sen pechar outras. E rexeitouse a moción cos votos do PP.
 
Entre o público estaba o presidente da Comisión pola Memoria Histórica de Barbanza, que antes de abandonar a sala fixo un comentario e propiciou que se caldease o ambiente, xa que o rexedor lle indicou que non tiña o uso da palabra ao non ser membro da corporación. Outra persoa do público apostilou que se adoptaban decisións fascistas e Manuel Ruiz pediu á policía que o identificase.