Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e ANDEL comprácense en convidalo/a á presentación do caderno Poemas polas vítimas do 36 nas Rías de Vigo e Pontevedra e recital do seu autor, Claudio Rodríguez Fer, nun acto organizado pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, que representará o seu presidente, Telmo Comesaña Pampillón.
Tamén intervirá Carmen Blanco, coordinadora con Claudio Rodríguez Fer dos cadernos Unión Libre, onde veñen editando unha serie de volumes baixo o título de POESÍA PARA TOD@S, ata agora con textos debidos aos dous escritores citados así como a Olga Novo e a María Lopo, que se entregan ao público de balde en recitais e outros eventos.
Porque nestes tempos en que tanto se quita, aínda hai quen pensa que a poesía debe ser mostra de que a solidariedade e a xenerosidade son posibles, como o verdadeiro amor, que non se pode comprar nin vender, senón simplemente darse.
Terá lugar o xoves, 13 de marzo, ás 20:00 horas,
en Andel, na Avda. Camelias, 102 de Vigo
Presentación
Telmo Comesaña PampillónPresidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36
Introdución
Carmen BlancoEscritora e coordinadora de Unión Libre
Recital
Claudio Rodríguez FerPoeta e autor da obra presentada
Doazón
Entrega dun exemplar da obra a cada unha das persoas asistentes.
DATOS DOS INTERVINIENTES
Carmen Blanco é escritora, estudosa do tema da muller e profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.
Comprometida sempre coa recuperación da memoria histórica, actualmente é secretaria da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo en Lugo.
Claudio Rodríguez Fer é escritor, estudoso da literatura e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela.
Comprometido tamén coa recuperación da memoria histórica, fixo a súa tese de doutoramento sobre A literatura galega durante a guerra civil e publicou numerosos libros sobre vítimas da contenda, ademais de dedicar tres obras poéticas á memoria antifascista de Galicia: Lugo blues, A loita continúa e Ámote vermella.
Entre outros recoñecementos, foi nomeado Doutor Honoris Causa da Universidade da Alta Bretaña e Presidente de Honra da Asociación Memoria do Exilio dos Republicanos Españois en Brest.
Nenhum comentário:
Postar um comentário