O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 22 de março de 2015

Dunha fosa en Portomarín ao xulgado de Bos Aires


Traducción Estación Atlántica
R. Prieto 22.03.2015
En agosto de 2005, arqueólogos da ARMH abriron en Portomarín a primeira fosa de vítimas galegas do franquismo. Darío Rivas recuperou entón os poucos restos que a humidade da zona deixaran do seu pai, o exalcalde lucense Severino Rivas, fusilado en outubro de 1936. Desde entón, Darío Rivas, afincado en Arxentina, loita para que os xuíces do país austral investiguen os crimes do franquismo.
 
Nestes dez anos, o colectivo da memoria histórica exhumó outras 16 fosas en Galicia. Para a campaña deste ano prevé realizar cinco. En Rao (Lugo), a ARMH buscará os restos de Salvador Voces, abatido por en outubro de 1948. No concello asturiano Santirso de Abres, limítrofe con Galicia, xacen os restos dun mestre de Lugo, Pablo Martínez-Crespo, xunto a outros cinco asturianos.
 
Na aldea lucense de Teilán xa teñen localizados os restos do comandante Benito, abatido pola Garda Civil xunto a Bernardo Álvarez. Aínda que non ten descendientes, a ARMH sopesa a posibilidade de exhumar os restos e levalos ao seu pobo, Mugardos. Tamén buscarán en Vilarmea (Lugo), onde sospeitan que hai unha fosa con numerosos corpos e intentarán retomar os traballos en Amenal (A Coruña).