O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 15 de março de 2015

Rueiro de Lugo

Un ano antes en marzo do 2014. O BNG demandoulle ao goberno municipal que acometa
 a elaboración dun novo rueiro oficial do concello de Lugo


A Voz- Tribuna -  Lugo 14 de marzo de 2015
Xa estamos outra vez ás voltas co rueiro de Lugo. Claro, achéganse as eleccións e todo deus quere que lle dediquen unha rúa ao seu próximo para, pobres ilusos, conseguir así uns votos a maiores ou estar na pomada da actualidade durante polo menos un par de días.
 
En Lugo seguen quedando rúas de fachas e facciosos cuxos nomes deberían quedar no recordo e a ignominia. Véxase senón a Praza do Comandante Manso que mantiveron uns e outros, tal para cal. ¿Quen era o tipo este para ter unha praza? Pois nin máis nin menos que o que entrou no Goberno Militar durante o golpe franquista de 1936 e, pistola en man, díxolle ao seu xefe militar por entón que ou estaba con Francisco Franco ou lle pegaba un tiro na tempa. E así empezaron a gañar aquela guerra os cobardes.
 
Pero o que resulta curioso é que agora, próximas as eleccións, o PP, vaia por deus, pide que se cumpra escrupulosamente a lei da memoria histórica e que se recalifique o rueiro retirando do mesmo aqueles nomes de resonancia franquista.
 
Refírome ao Partido Popular de Lugo porque ao de Sarria, por pór un exemplo próximo, cun alcalde que me asegurou nunha entrevista en televisión que nunca o veriamos no PP, igual é que non sabe onde está agora, que esa é outra, e que mantén nomes nas súas rúas de tanta resonancia fascista como Calvo Sotelo ou José Antonio.
 
Claro que é posible que un mesmo partido teña disonancias pero estas, desde logo, son un pouco chocantes para os mortais.
 
O caso é que agora o Partido Popular, ou algúns dos seus baróns, dirixentes ou o que sexan, enfrontados no seu momento co máximo mandatario Cacharro Pardo, piden agora honras máximos para o falecido. Ao inimigo, nin auga ata que a palma que despois, serve para publicidade pura e dura. Manda truco co que pasa aquí.
 
E xa non digo nada do sistema e da empresa da ORA, porque os fachas de esquerda seguen permitindo que uns procesados sigan explotando aos lucenses e aínda encima, con chulería. Miúda panda de macarras.

Nenhum comentário:

Postar um comentário