O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 12 de junho de 2015

Manuela Carmena no acto de homenaxe a Elvira Landín e Fernando Martinez Radulfe

Acto organizado pola Fundación 10 de Marzo
 Rubens Rocha en Vigo Detroit 12/6/15
A candidata á alcaldía de Madrid, Manuela Carmena estivo no acto de homenaxe a Elvira Landín e Fernando Martinez Radulfe ao cal reuniu centos de persoas no salón de actos da Fundación Abanca en Vigo.

Na cerimonia estiveron presentes o exfiscal xefe de Galicia, Carlos Varela, o presidente da Real Academia Galega, Alonso Montero, o maxistrado da Audiencia Julio Picatoste, unha representante de Avogados Novos, Victoria Picatoste, o líder de Marea de Vigo, Rubén Pérez, o exconcelleiro e profesor Jacinto Lareo, varios concelleiros electos e sindicalistas, o exalcalde Ventura Pérez Mariño estivo presente baixo un menxase que enviou e o alcalde en funcións Abel Caballero. Este dixo no seu discurso que Carmena foi intelixente porque se presentou en Madrid e non en Vigo.

Tambien a líder de Ahora Madrid reuniuse cos responsables da Marea de Vigo, cos que intercambiou impresións e saúdos.

A candidata á alcaldía de Madrid, Manuela Carmena, cre que o seu modelo de xestión «diferente» de Madrid é exportable ao resto de España. Asegura que, aínda que non é politóloga, «hai un cambio xeral» en todo o país.

A candidata á alcaldía non teme un novo «tamayazo»

Á pregunta de se teme un novo tamayazo, a candidata e previsible próxima alcaldesa de Madrid, respondeu cun conciso e categórico «non» e no referente ás negociacións sobre o próximo goberno municipal madrileño, limitouse a asegurar que «todo está ben».

Explicou tamén que mantivo un encontro con membros da Marea de Vigo, cos que tratou «temas de xestión municipal» e «como conseguir que esa xestión municipal sexa eficaz».

Con respecto aos cambios no panorama político español, Carmena insistiu en que o que a ela lle interesa é «facelo o mellor posible en Madrid, e mellorar as condicións de vida dos cidadáns». En todo caso, recoñeceu que houbo «un cambio grande» tras as eleccións do 24 de maio.

Nesa liña, a candidata apostou por un xeito de xestionar o municipal «de xeito diferente, máis próximo», máis honesto, creativo, eficiente, innovador e alegre»,.

Nenhum comentário:

Postar um comentário