O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 6 de julho de 2015

Ánxel Casal xa «goberna» en Santiago

 
Martiño Noriega recoloca no despacho da alcaldía o retrato do rexedor republicano
represaliado
 
A Voz - Santiago,
O retrato de Ánxel Casal, o editor e político compostelán asasinado tras a sublevación militar de 1936, ocupa xa un lugar destacado no Concello de Santiago, do que foi alcalde entre febreiro e agosto dese ano, cando o seu corpo apareceu nunha cuneta de Teo. O novo rexedor, Martiño Noriega, rescatou o cadro, que se exhibía nun discreto lugar do corredor que comunica a área de alcaldía co salón de plenos do pazo de Raxoi, e ordenou colgalo no seu despacho, sobre o tresillo que adoita ser utilizado para acomodar aos visitantes cos que se reúne.
 
Publicidad
Era cuestión de días que Noriega levase ao despacho a imaxe de Ánxel Casal. Desde o mesmo momento no que informou de que se presentaría ás eleccións primarias de Compostela Aberta para optar á alcaldía de Santiago, o entón rexedor de Teo apelou a Casal como referente, ata o punto de convocar aos medios de comunicación na rúa do Vilar, para realizar ese anuncio, ante o que foi a sede da editorial Nós, fundada por Ánxel Casal. O exalcalde republicano tamén foi unha das figuras citadas por Noriega no seu discurso de toma de posesión como alcalde, xunto a outros como Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo ou Xosé Manuel Beiras, dos que tamén instalou fotografías no seu despacho.

Nenhum comentário:

Postar um comentário