6 DE AGOSTO DO 2015
O CONCELHO DE VERÍN E A CIG ACORDAN REALIZAR UMHA HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO NA COMARCA DE MONTERREI
Tras a proposta formulada pola CIG de organizar un Acto institucional de Homenaxe ás vítimas do franquismo, hoxe, 21 de xulho de 2015, (exactamente 79 anos despois do levantamento militar que diu lugar á defensa da vila, en 1936, por parte dumha milicia constituída polo ...ente local verinés) o Grupo de Goberno do Concelho de Verín ven de tomar o acordo de celebrar, o próximo día 6 de Agosto de 2015 (xoves), un Pleno da Corporación municipal, co obxecto de outorgar honores e distincións aos vicinhos/as, políticos/as e sindicalistas executados, apresados e represaliados polo franquismo.
Rematado o Pleno, sobre as 21.30 horas da noite, tamén se desenvolverá, na Praza da Concelho de Verín, un acto de homenaxe ás vítimas e entrega de distincións aos familiares.
Nos próximos días o Concelho de Verín dará conta, en rolda de prensa, de todos os detalhes do acto a celebrar e publicarémolo nesta páxina.
Agora, é moi importante que todos e todas os que, durante este mes nos axudastes a conseguir que esta iniciativa torne en realidade, lhe deades a máxima difusión pública (redes sociais, vicinhos/as, etc), pra que o día 6 de Agosto o Salón de Plenos do Concelho de Verín estea ateigado de verineses/as que desexen facer xustiza 79 anos despois.
CIG

Nenhum comentário:
Postar um comentário