O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 27 de novembro de 2013

A Estrada homenaxea a dous veciños perseguidos no franquismo



A parroquia de Somoza acollerá o sábado ás 11.00 horas unha homenaxe a Higinio Carracedo Ruzo. Este xoves cúmprese o 75 aniversario do seu axustizamento tras ser perseguido polos montes da comarca durante máis de dous anos. Haberá unha ofrenda floral e unha visita aos lugares nos que se desenvolveron os feitos.

En honra de Carracedo, a asociación Vagalumes fará público o xoves o diario doutro fuxitivo -Manuel Couto Chan- que acompañou a Carracedo nos seus últimos días. O acto será ás 20.30 horas na sala Novagalicia Banco.

 O diario de Manuel Coto, titulado polo propio autor Memorias dun proscrito, ademais de achegar ao lector directamente a esta etapa histórica do Concello da Estrada, destaca por ter un texto de gran valor literario, que a través da rede farase a partir de agora accesible a todo o que o desexe a partir da data indicada.

Ofrenda floral
Por outra banda, o vindeiro sábado a partir das 11. 00 horas, a asociación cultural estradense ten previsto levar a cabo unha homenaxe a Hixinio Carracedo na súa parroquia. Para iso invitaron a todos os interesados a acudir a unha ofrenda floral. Posteriormente realizarán un percorrido por todos aqueles lugares nos que se desenvolveron os feitos que Manuel Coto conta nas súas memorias. Será xa que logo unha oportunidade para verse inmersos nunha historia que pon en valor a figura e o valor mostrado por Carracedo nunha etapa histórica moi complicada e con nefastas consecuencias para moitas familias da comarca de Tabeirós-Terra de Montes.

Nenhum comentário:

Postar um comentário