Foto Óscar Corral |
O portavoz do BNG criticou que PP e PSOE resolvan a situación «ás ocultas»
A Voz - Efe 07 de xuño de 2014
Decenas de persoas participaron este sábado nun abrazo simbólico ao Parlamento de Galicia para reclamar unha República galega. No acto participou o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, que criticou que o PP e o PSOE resolvan a «crise profunda» do sistema institucional e da monarquía de «tapadillo».
En declaracións aos medios mentres militantes da organización rodearon o Parlamento de Galicia, nunha actuación que contou tamén con participárona integrantes de NOS-UP, o líder nacionalista galego criticou, así mesmo, que se están «baleirando» de competencias ás institucións autonómicas, singularmente, á Cámara.
Deste xeito, Xavier Vence lamentou que as decisións se tomen «fóra das institucións democráticas».
Nenhum comentário:
Postar um comentário