O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 2 de junho de 2013

Represaliadas e resistentes: programa do Concello de Pontevedra sobre a represión franquista contra as mulleres

O concello de Pontevedra, por medio das concellarías de Cultura e Patrimonio Histórico, inicia o vindeiro mes de xuño un programa de actividades destinado a dar a coñecer a represión franquista contra as mulleres e recoñecer o papel das mulleres na resistencia á Ditadura. A iniciativa é unha resposta ao novo tempo de silencio decretado polo goberno galego a partir de 2009 e un chamamento sobre a necesidade de seguir recuperando a memoria oculta e silenciada. Neste sentido, o concello de Pontevedra salienta o pulo que recibiron os traballos de investigación e divulgación sobre esta materia (publicacións, audiovisuais, exposicións) no período 2005-2009 e a importancia de darlle continuidade malia os atrancos de todo tipo. Ademais de render homenaxe ás mulleres represaliadas, o concello de Pontevedra tamén procura con esta programación recoñecer publicamente o compromiso de asociacións culturais e historiadoras e investigadores que seguen mantendo vivo o facho da memoria e da xustiza para as mulleres represalidas e resitentes. Serán precisamente dúas das que máis se teñen significado nesta andaina, Carmen Blanco e Aurora Marco, quen pronuncien as conferencias de apertura e clausura do simposio que se vai celebrar en Pontevedra os días 7 e 8 de xuño.
 
Programación de actividades para o mes de xuño de 2013
A programación dará comezo no mes de xuño e terá continuidade no vindeiro curso con actividades en centros culturais de barrios e parroquias e en centros de ensino medio. Para o mes de xuño están previstas as seguintes:
 
1. Presentación do audiovisual Digna rabia, de Ángel Rodríguez Gallardo e Victoria Martíns. Mércores 5 de xuño ás 20 horas na Casa das Campás. Presentación e coloquio con Ángel Rodríguez Gallardo.
2. Presentación do audiovisual As silenciadas. Mulleres na resistencia antifranquista, de Pablo Ces. En centros de ensino e centros culturais de barrios e parroquias no mes de xuño. Voltarase a programar a partir de setembro.
    Venres 14 de xuño ás 20 horas no Centro social do Gorgullón
    Martes 18 de xuño ás 20 h no centro social Pontevedra Leste
    Martes 25 de xuño no centro social de Cabanas-Salcedo
3. Exposición Vermellas. No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura a partir do 6 de xuño. Poderá visitarse por grupos de escolares de secundaria e bacharelato.
4. Simposio sobre a represión franquista contra as mulleres. Venres 7 e sábado 8 de xuño no Pazo da Cultura. Inscrición através do correo mulleresememoria@gmail.com
5. Roteiro homenaxe ás mulleres represaliadas e resistentes. Venres 28 de xuño ás 20 horas, guiado por Xosé Álvarez Castro. Saída desde a praza do Concello.
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário