Ningúen se inventa de novo cada día. As persoas e as
sociedades necesitan da memoria para saber o que son, para saber de onde veñen
a ata incluso para ter algunha idea a propósito de onde ir. Hai unha época do
noso pasado non tan pasado sobre a que caeu durante moitos anos a pesada lousa
do olvido. A longa noite de pedra do
franquismo agochou feitos, nomes e
lugares en relación coa represión que seguíu ó golpe de Estado contra a
República o 18 de xullo de 1936.
Neste mesmo lugar, que hai
máis de 70 anos era Pazo de Xustiza, cárcere e cuartel, o cuartel no que tiña a
súa sede a máxima autoridade militar de Vigo, o comandante Felipe Sánchez,
neste mesmo lugar, pola tarde do día 19 de xullo de 1936 imprimiuse o bando que ía declarar ó día seguinte a rebelión da
guarnición militar de Vigo contra a República. Daquela, proclamar o bando
de guerra, anular a autoridade lexítima da República e comezar a represión foi
todo un. A media mañá do 20 de xullo de 1936, na Porta do Sol, cando un piquete de soldados ás ordes do capitán
Carreró lía o bando de guerra contra a República, caeron as primeiras vítimas entre os que non querían que as armas
cambearan o que facía uns meses decidiran as urnas. Os que perderan as eleccións en febreiro de 1936 impuñan coa forza das armas un cambio político que ía traer cárcere,
morte e olvido para os que escolleran ser fieis a República e defender a
legalidade constitucional.
Neste mesmo lugar no que hoxe estamos, un mes despois, o 22 de agosto de 1936, tivo
lugar o proceso máis importante dos que
se seguiron na nosa cidade contra dirixentes da Fronte Popular. Ós cinco
días daquela farsa xudicial, o 27 de
agosto de 1936, dez homes, pagaron coa súa vida a lealdade á República.
Fracasado o golpe de
Estado contra a República, a guerra civil serviu para que os que sublevaron
contra ela limparan a fondo o país e puideran xustificar como actos de guerra a
cacería humana e a represión salvaxe que comezou coa guerra e seguiu despois
dela. A xeografía daqueles lugares da represión debe ser sinalada como lugares
de memoria.
Por rigor histórico, non podemos reconstruir o noso pasado esquecendo
aquel tempo de cacería humana, os nomes das vítimas e os lugares onde morreron
asasinados.
Por saúde mental, non podemos preferir o olvido a memoria. Unha
sociedade democrática madura cando asume tanto as luces coma as sombras do seu
pasado.
Por xustiza, no podemos esquecer a xente que neste país deu a súa vida
por defender a lei, non podemos esquecer as familias que durante moito
tempo foron sinaladas por seren fillos, maridos ou mulleres dos “roxos”. Non
podemos esquecer a humillación e o medo que se instalaron nas súas vidas.
Hoxe son os
historiadores e as asociacións pola memoria histórica os que estamos enchendo o
insoportable baleiro que creou a ditadura e logo mantivo a democracia. Temos
que encher este baleiro cos nomes das vítimas e os lugares nos que morreron
asesinadas porque hai unha batalla que non podemos perder, a batalla contra o
olvido.
Nin cremos que a guerra civil fora inevitable, nin que todos
foran iguais nin estamos cunha tímida lei de memoria histórica.
Porque recuperar a
memoria non abre feridas, senón que as cerra; porque non queremos ter na nosa
historia recente páxinas en branco; porque non hai árbore que medre sen raíces;
porque non queremos ser cómplices dun pacto de silencio e porque estamos
convencidos de que unha sociedade xusta e democrática non pode construir o seu
futuro negando o seu pasado, a
"Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36" quere sinalar hoxe este
lugar de memoria para coñecemento da cidadanía dos feitos que nel ocurriron e
quere con este acto facer unha vez máis presente
a memoria das vítimas daquela barbarie e o facemos pola súa memoria e pola
nosa memoria.
-AUTOR: Antonio Giráldez Lómba (Historiador)
CAUSA DE MANUEL DEL RÍO, 224/36
Manuel del Río Vázquez,tranviario,líder sindical, veciño de Vigo, que tuvo a triste
sona de ser o primeiro en ser asasinado despois dun xuizo sumarisimo
…A rapidez en preparar a causa contra Manuel del Río é tal
que ao día seguinte, día 2 de agosto,xa
se pode levar a cabo a formación do tribunal que vai a presidir o xuizo;
decidindose que, na denominada causa 224/36, sexan conxuntamente xulgados os
tres detidos na parroquia de Nespereira. A constitución do tribunal será levado
a cabo nas instalación que o “Rexemento de Infantería de Mérida” tiña no cuartel de San Sebastián, e será a porta
pechada;quedándose alí decidido que o tribunal debería estar composto polo
tenente coronel do “Rexemento de Artillería Lixeiro nº 15” acantonado en
Pontevedra, Antonio Durán Salgado,, que sería quen exercería de “presidente”;
sendo desinados como “vogais” os catro caopitáns das catro compañías
pertencentes ao “Rexemento de Inantería
de Mérida nº35” que estaban acantonadas en Vigo e que eran: Gonzálo Pérez Díaz,
Luis Castañón de Mena, Antonio Carreró Vergés e José Pérez Navaza; así coomo
tamén o do mesmo emprego, pero do “Rexemento de Artillería nº15”, Miguel Varela
Berenguer. Actuaban ademáis como suplentes, os capitáns Ricardo Martínez Martínez,
da “Caixa de Recrutas nº 53”, e Fernando Ponte Blanco, do referido “rexemento
de Artilería nº15”; como “vogal poñente”
o tenente auditor do 2º, Juan de Villavicencio y Pereira, e como “fiscal” o
tenente auditor da 3ª José Luis Santalo y Rodríguez viguri, sendo o “xuíz”
instructor”, que con tanta prema incoara o expediente o capitán de Infantería Adolfo Rodríguez Sotelo.
Unha vez asignado o persoal acusador, xa que nestes casos o
papel do tribunal e dos fiscais apenas se diferenciaba, estaba todo argallado
para levar a cabo o primeiro xuizo sumarísimo levado a cabo en Vigo polos
militares traidores, una vez consumada a súa felonía. Soamente quedaba escoller, como pequeño e
último detalle a o defensor dos reos, propoñéndoselle, como logo virá sendo o habitual, que os acusados designen un de
inmediato, ou senón que lles asignarán un de oficio, pero que o dito defensor
debería ser, inevitablemente, un militar. Neste caso foilles asignado un alférez de complemento moi novo chamado
José Queizán Hermida; defensor que, ainda que abogado de profesión, se estreaba
nestas lides sumariais.
Ao día seguinte, e sin apenas tempo material para que o
abogado tuvese tempo para ler a documentación, e menos ainda, preparar una
mínima defensa firme, levarase a cabo o xuizo;quedando establecido que se inicie no “Cuarto de Bandeiras” do
cuartel de San Sebastián ás 15 horas do citado 3 de agosto. O desenrolo do
mesmo será un calco dos dos que durante
os meses seguintes iranse levando a cabo contra os acusados de simpatizar
coa “Fronte Popular” e de opoñerse ó
“Movimiento Salvador” A principal acusación que se lle fai a Manuel non é a de ser un “perigoso líder
revolucionario”, senón a de tenencia de armas, xustificando isto nunha
disposición que o día 21 de xullo, proclamara o comandante da praza, mediante a
cal, todos aqueles que non entregaran as
armas no cuartel de Magallanes serían pasados polas armas, para complicar máis
ainda, si cabe, a situación procesual de Manuel del Río, procedeuse a dar
letura dun informe reservado confeccionado
polo Delegado de Orde Publica, no que diante dos precedentes políticos e
sindicais do detido, o calificaba como…”individuo peligrosísimo”…sinalando
tamén que por estes mesmos precedentes se lle supuña como un dos que fixera
fogo contra as tropas desde as barricadas de Lavadores; ainda que non houbese
probas ao respecto.
Realmente non fai falta moito máis para condenar ao
tranviario. O papel do defensor non pode ser máis que o de estar presente,para
gardar as formas, e o de solicitar a benignidade por parte do tribunal; pero
nunca o de defender das acusación sao
seu cliente. Esta mesma tarde o tribunal ten decidida a condena para Manuel del
Río; “pena de norte”. Para os outros dous acusados será notablemente máis
benigna xa que, co medo no corpo, decidirase que queden en liberdade, ao ser
sobreseída a súa causa.
Compre seguir acelerando o proceso para que o castigo contra
Manuel del Río sexa cumprido canto
antes,, servindo así de escarmentó xeral a todos os “roxos” da comarca.Ao día
seguinte a comunicación de petición de
condena a norte chega a Coruña, onde o auditor de Guerra, tras una breve análise daralle o visto bo para que poida ser firmada
polo xeneral en xefe da 8ª Rexión Militar, Carlos Bosch Bosch; dándose inmediatamente
notificación a Burgos, á chamada Xunta de Defensa Nacional, que nese momento era o máximo órgano de Poder
das Forzas Rebeldes, e quen decidía sobre a vida e a norte Cumpridos eses
trámites burocráticos , ao día seguinte, 5 de agosto, o comandante da
praza de Vigo Felipe Sánchez pode xa
dispor as ordes precisas para que a
execución poida levarse a cabo ás cinco
da madrugada do día seguinte.
As dúas da madrugada do día 6 de agosto preséntanse na cela onde está agardando
Manuel del Río, o Xuíz Eventual da praza
Benito Otero Brage e o secretario xudicial militar, Luis Fernández; acompañados do seu abogado defensor; dun
delegado do colexio nacional da Coruña e do reitor dos país salesianos. Esta
ámpla comitiva ten a misión de informarlle ao reo que a súa execución é
inminente, e de que ten tres horas para prepararse para un bo morrer; debendo, iso si, antes de nada asinar a recepción oficial da
funesta orde.
Ás cinco da madrugada, cando aínda era escuro sobre a cidade
que se alza aos seus pes, o piquete de execución, composto por soldados do
“Rexemento de Mérida”, está xa disposto fronte aos muros do Castelo do Castro
para levar a cabo a execución; só falta que sexa traído o reo, convidado
imprescindible para este tipo de celebracións. […] Manuel del Río morreu só;
sendo asi o primeiro executado, tras a
celebración dun consello de guerra sumarísimo, en toda a bisbarra viguesa.
Xunto ao corpo ametrallado do tranviario achegaráse o médico
do Batallón Ildefonso Villabona del Rivero, que será quen ditamine a norte do
reo, e quen autorice a súa entrega no depósito do cemiterio de Pereiró, onde o
seu encargado, Zoilo Rial Iglesias, debería facerse cargo do mesmo ata o día
seguinte; comprometendose, ademais, a que ninguén poida dispor do cadáver sen unha autorización precisa da autoridade
militar.
Ao día seguinte, 7 de agosto, ás 8.30 da mañá, hora
escollida especialmente polo intempestiva, unha pequena comitiva, composta pola
familia máis próxima do defunto, acompañará a Caixa onde levan o cadáver á fosa
nº 175 da zona denominada “15” do
camposanto vigués;, procedendo alí a un rápido, cáseque clandestino, enterramento.
Extractado do libro “CEN PERSONAXES EN TORNO A UNHA GUERRA”.
Autor: Xoán Carlos Abad Gallego Vigo 16 novembro 2012
Texto da placa do MARCO, Lugar de Memoria
En lembranza de todas as persoas
que neste edificio entre
os anos 1936 e 1977 foron encarceladas, torturadas, xulgadas e condenadas polo franquismo por defender a democrácia e a liberdade
Pola memoria Verdade, Xustiza
e Reparación
O POVO NON ESQUECE
Nenhum comentário:
Postar um comentário