O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 8 de novembro de 2012

A Fonsagrada clama pola liberdade no 75 aniversario do batallón Galicia

Elaboración do "milladoiro" en homenaxe aos milicianos
fusilados na Fonsagrada. M. Fernández
 
 
28/10/2012 - Froilán Varela / El Progreso (A Fonsagrada)
«Nacerá nuestro hijo con el puño cerrado envuelto en un clamor de victorias y guitarras». Estes versos de Miguel Hernández, do seu poema ‘Canción do esposo soldado', en boca Beba Machicado, bisneta dun dos 13 milicianos republicanos asasinados por falanxistas no Acevo, serviu para homenaxear na Fonsagrada aos homes do comandante Moreno, do batallón Galicia, no 75 aniversario da súa morte.
 
O acto estivo organizado pola Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH), en colaboración cos veciños fonsagradinos e do Concello, e reuniu no Alto do Acevo a unhas 200 persoas procedentes de distintos puntos de Galicia, España, Xapón, Estados Unidos e Arxentina. O 30 de outubro de 1937 os 13 soldados da República, todos galegos salvo un asturiano, foron asasinados no Acevo cando fuxían cara a Asturias. Durante décadas ninguén puido choralos nunha fosa anónima. Os seus familiares non coñeceron o seu paradoiro ata a exhumación feita pola ARMH en 2006, que logrou identificar a sete dos represaliados.

Nenhum comentário:

Postar um comentário