Nota de Prensa
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín convídavos á charla de Francisco Martínez-López, "Quico", guerrilleiro nos infernos da posguerra española e loitador sempre pola recuperación da memoria "esquecida".
Quico naceu no ano 1925 en Cabañas Raras, preto de Ponferrada, no seo dunha familia campesiña, e desde os 17 anos colabora coa oposición antifranquista. Posteriormente súmase aos grupos guerrilleiros que se enfrontaron coas armas á ditadura.
Na clandestinidade armada desde 1947, foi membro da mítica guerrilla de Manuel Girón, que mantivo entre Galicia e León unha inxente actividade de combate e propaganda até o ano 1951 no que, nunha evasión chea de perigos, consegue penetrar en Francia, país onde se exilia.
No prólogo do libro de Carlos G. Reigosa "A agonía do león. Esperanza e traxedia dos escapados", Manu Legineche nos di:
"Dúas escolas de pensamento: os que aseguran que é mellor esquecelo todo, partidarios de cancelar a historia dun golpe, que isto é o sentimentalismo retórico para compensar o pensamento único, e os que, pola contra, esixen a memoria, luz e taquígrafos, convocan á Historia, piden por unha vez que a escriban tamén os vencidos".
Creemos que é de xustiza a segunda opción para romper o dobre muro do silencio e do esquecemento.
Para elo esta charla, que terá lugar o martes 13 de novembro ás 20 horas no salón de actos da Biblioteca Pública "Vidal Pazos" de Marín e que ten como intención a recuperación da memoria histórica e o recordo de todos aqueles loitadores pola liberdade que perderon a súa vida loitando contra o fascismo, tanto nas montañas coma nos cárceres.
Unha auténtica oportunidade para que a xente nova, os nosos estudantes universitarios, de bacharelato, de secundaria, etc... e os que non somos tan novos saboreemos a compaña dun bo e xeneroso.

Nenhum comentário:
Postar um comentário