O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 16 de novembro de 2013

´É injustificable que no século XXI teñamos mortos nas cunetas´

Traducción Estación Atlántica

O mestre e historiador presenta o libro "Pontevedra nos anos do medo", no que analiza a represión levada a cabo na comarca

S
O paraninfo do IES Val Inclán acollerá o próximo día 11 a presentación de "Pontevedra nos anos do medo". Trátase dun acto organizado pola Librería Paz e Edicións Xerais para dar a coñecer unha obra que resume anos de investigacións centradas na represión levada a cabo na comarca tralo golpe militar de 1936. "Esta zona", indica o autor, "non foi especialmente castigada, non máis que outras cidades, por exemplo para o nivel da cidade Tui sufriu unha represión forte, Ferrol tamén ou Vigo, Pontevedra foi unha cidade na media, o esperado"

-Tras anos de estudos e traballos sobre a represión que conclusións saca?

-Hai moitas, pero unha destacada é o papel fundamental que tivo a Garda Cívica, polo menos un sector dela, na represión, máis posiblemente que Falange, esta foi nos primeiros tempos. En segundo lugar hai que destacar o papel que tiveron moitas persoas que non son tan coñecidas en Pontevedra como poden ser Bóveda ou os do 12 de Novembro e que precisamente eclipsaron a toda unha serie de militantes obreiros e agrarios que foron tamén reprimidos e que é interesante dalos a coñecer.

-Cales son as cifras dos paseados e fusilados en consellos?
-Temos datos sobre os tres anos fundamentalmente, e hai que ter en conta que sempre son cifras mínimas, de modo que sempre teremos a posibilidade de descubrir algunha máis, e apuntan a que hai algo máis de 70 paseados e despois fusilados en consellos de guerra son sobre 140.

-Pontevedra centralizaba os consellos de guerra?

-Si, Pontevedra era a cabeza dunha zona xudicial, a do norte da provincia, celebrábanse aquí moitos consellos de guerra e iso levaba consigo que tamén os paseos de xente que non era de Pontevedra tamén fosen un número importante, íanos a buscar ao cárcere por exemplo e o máis normal é que xa os matasen aquí.

-Falouse durante anos de que a guerra civil aproveitouse para resolver rifas etc iso foi real ou considera que o que houbo é unha estratexia organizada de represión?

-Non, non é real, o que non podemos negar é que nalgún caso houbese rifas, pero en todo caso aproveitáronse e valíanse dunha situación política que o facilitaba e que as vítimas foron sempre persoas comprometidas políticamente, é algo que está totalmente claro, é outro dos grandes mitos, o de que todo foi por rifas.

-É outro tópico que as vítimas non participaban políticamente?

-Outro mito efectivamente, incluso os propios familiares dincho ás veces "non, eles non fixeron nada", "foron amizades..." E non, era xente que participou políticamente, que moitos deles foron elixidos en comicios libres, moitos deles fixeron uso dos seus dereitos militando en federacións obreiras ou agrarias para defender dereitos dos traballadores etc.

-A que sectores afectou especialmente a represión?

-A todos os sectores, a unha burguesía que militaba en partidos do que era o centro e centroesquerda clásica, burguesa, como Esquerda Republicana ou Unión Republicana, e despois a xente máis de esquerda que militaba no Partido Socialista, no Partido Comunista, que tiña bastante influencia na Federación Agraria e a Obreira. E en canto ao número máis a sectores obreiros e agrarios.

-Ademais dos paseos, consellos etc adoptou outras formas a represión?

-Si, é que hai outras forma de represión que son as que ás veces pasan desapercibidas, aquí houbo unha represión de tipo económico por estudar, é unha das grandes tarefas a realizar no futuro, separadamente das multas, das incautaciones, había toda unha serie de colectas e donativos que en teoría eran voluntarios pero na práctica eran obligatorios e iso deu lugar a todo un entramado económico que está aínda sen estudar a fondo. Despois hai unha represión de tipo ideolóxico, a participación da Igrexa como legitimadora do golpe militar e o control social que exerce, sobre todo a nivel de educación; tamén está a represión aos funcionarios, ás mulleres, que é outro dos grandes temas ocultos, moitas veces pola propia natureza da represión, que non se quere contar nin falar diso, e que incluíu un modo directo senón tamén indirecto, por exemplo mulleres de presos ou de condenados que por encima lles incautaron bens e impuxéronlles multas.

-Máis de 80.000 vítimas continúan sepultadas nas cunetas...
-É algo que me parece mal, si os familiares queren darlle enterro nos cemiterios creo que se lles debe axudar, hai que facilitarlles todo, primeiro localizar os lugares e posteriormente facilitar que os poidan trasladar, non é justificable que no século XXI teñamos os mortos nas cunetas.

-Hai na provincia de Pontevedra ese tipo de enterramentos?

Si, moitos foron excavados, aquí a nosa zona os sitos máis próximos dos que temos noticia son en San Andrés de Xeve, con 5 ou 6 persoas, e tamén en Tenorio, no cemiterio, pero as fosas nos cemiterios son malas de excavar porque se reaprovecha o terreo e mestúranse restos. Na provincia non quedan moitas fosas sen excavar, o que si quedan son lugares nos que houbo enterramentos e non o sabemos, porque sabemos de persoas que si as mataron e os seus corpos nunca apareceron, non sabemos onde as enterraron.

Nenhum comentário:

Postar um comentário