O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 16 de novembro de 2013

Un alcalde de Ourense coloca placas antifranquistas en monumentos da ditadura


Traducción Estación Atlántica

El País - Pablo Taboada - Ourense -  13/11/13
"Estas imaxes pertencen á propaganda dunha ditadura que ocupou cos seus símbolos os espazos públicos máis emblemáticos. Permanecen aquí como denuncia histórica daquel réxime opresor". Esta mensaxe lucirá en fontes ou escolas do municipio ourensano de Amoeiro (2.278 habitantes). O seu alcalde, Rafael Rodríguez (PSdeG-PSOE), ordenou instalar placas con este texto nas construcións públicas rotuladas con simboloxía fascista que permanecen en pé no seu concello. De momento xa ha anunciando que a placa colgará en 13 fontes e unha escola porque "debe dar resposta ás demandas da cidadanía apelando ao espírito fundacional de concordia da nosa democracia e no marco da Constitución".

O Concello presentou o pasado 23 de setembro ante a Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Ourense (CTPHOU) unha solicitude de autorización para instalar placas explicativas de memoria histórica en lugares públicos rotulados con simboloxía fascista. E un mes despois obtivo o visto bo deste órgano supervisor dependente do Goberno galego que regula as intervencións que afecten aos bens incluídos no inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia. Fai algo máis de dúas semanas a CTPHOU informou favorablemente.

O alcalde explica que "un dos símbolos de identidade da ditadura foi a apropiación dos lugares públicos emblemáticos" mediante a instalación dos seus signos de identificación (yugos, flechas, aguia, etc.), "elementos que causan gran malestar e repulsa entre familiares de represaliados, asociacións cívicas e, en definitiva, entre os demócratas". Ademais recorda que coa instalación das placas asume a condena do franquismo contida no informe da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa asinado en París en marzo de 2006 e respecta a Proposición non de Lei aprobada en 2002 pola Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados que explica que "ninguén pode sentirse legitimado para utilizar a violencia coa finalidade de impoñer as súas conviccións políticas e establecer réximes totalitarios contrarios á liberdade e dignidade dos cidadáns".

A colocación da mensaxe antifascista ten catro funciones: pedagógica ao reflectir a "finalidade propagandística e opresora da ocupación simbólica de lugares públicos, de reparación do sentimento de repulsa ao actuar como expresión de denuncia dos abusos acometidos, de concienciación respecto das dramáticas consecuencias da ditadura e das ideoloxías que priman a imposición sobre o diálogo, e de contribución a crear concordia ao declarar a supremacía da paz e a democracia sobre os totalitarismos e a violencia".
Non é a primeira vez que o regidor de Amoeiro álzase contra a ditadura ou os privilexios da Igrexa Católica. En 2009 homenaxeó aos mestres que exerceron nesta zona limítrofe coa capital e que foron represaliados trala Guerra Civil co destierro, o cárcere ou a morte. Ademais, Rodríguez foi o primeiro alcalde que intentou cobrar o imposto de bens inmuebles (IBI) de propiedades eclesiásticas non incluídas no Concordato establecido coa Santa Sé no ano 1979. O 25 de febreiro de 2013 interpuxo un recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra unha sentenza emitida anteriormente polo Xulgado do Contencioso Administrativo Un de Ourense que deu a razón á diócesis ourensana logo de reclamar administrativamente o IBI de 2010 e 2011 correspondente a leiras rústicas e urbanas non utilizadas

Nenhum comentário:

Postar um comentário