Consulado de Arxentina en Vigo, Rua Lopez de Neira, N° 3 - 2° Piso - Oficina 211 TLF: 986 435 822 / 986 435 199; e-mail: consulado-vigo@portalargentino.net |
Traducción Estación Atlántica
Un deles é Camilo de Dios, "o último guerrilleiro que queda en Vigo" e que estivo no cárcere durante 10 anos
Un deles é Camilo de Dios, "o último guerrilleiro que queda en Vigo" e que estivo no cárcere durante 10 anos
Faro de Vigo 9/5/14
Catro galegos presentaron este venres no Consulado da República Arxentina en Vigo 12 novas demandas por crimes contra a humanidade cometidos en Galicia durante a etapa do franquismo.
Así o trasladou a Europa Press unha das integrantes da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica, Carmen García-Rodeja, que sinalou que o obxectivo de presentar estas denuncias é que se recollan os testemuños e haxa un recoñecemento público dos casos das vítimas do franquismo.
"Buscan que alguén lles escoite, que se recoñeza que os que morreron non eran delincuentes, que morreron sen liberdade, sen xuízo e foron sometidos torturas" remarcou García-Rodeja, que indicou que, despois de que "a xuíza decida o que haxa que decidir", pedirán que alguén asuma a responsabilidade.
O primeiro deles é Camilo de Dios, que ademais de denunciante é "o último guerrilleiro que queda en Vigo" e estivo no cárcere durante 10 anos desde 1949. El rexistrou, ademais, unha demanda polos casos da súa nai, que estivo 13 anos en prisión e o seu irmán, que en 1950 foi asasinado pola Garda Civil.
O militante comunista Luís "Ferreiro" Fernández tamén presentou un caso propio, xa que sufriu torturas e estivo un ano no cárcere da Coruña; o dun irmán, que foi torturado e encarcelado durante meses; e o da súa muller, que estivo na prisión de Vigo a principios dos anos 70, segundo denuncia.
Pola súa banda, Concha González rexistrou tres demandas polo seu pai, que estivo oito anos no cárcere da Coruña, e por tres dos seus tíos, que foron asasinados en 1937.
Nenhum comentário:
Postar um comentário