A Universidade pública de Nova York réndelle tributo a Castelao no 75 aniversario da estancia do político galego na cidade dos rañaceos. Castelao durante o tempo que estivo nos Estados Unidos dirixiu os seus esforzos a captar simpatías no país americano para a causa da República.
Un legado que comeza na rúa 86 de Manhattan, que pouco terá que ver coa que viviu Castelao. Xa non existe tampouco o Ulker Park de Brooklyn, onde deu o seu primeiro discurso ante milleiros de persoas. A capacidade de convocatoria do de Rianxo deste lado do océano era asombrosa e tiña un porqué.
O Madison Square Garden e 18 estados máis viron o político galego falar en prol da República de Negrín e en contra do golpe do 36. En Nova York escribiu esa segunda parte de Sempre en Galiza, plasmou os Debuxos de negros e axudou á unión das exiliadas e dos exiliados galegos.
O froito desa unión é a Casa de Galicia de Nova York por exemplo. Castelao, marcharía cara a Bos Aires con Os vellos non deben de namorarse na maleta e sabendo xa naquel momento que non podería regresar á súa Galicia. Xa non volvería a Nova York tampouco. Foron só dous anos, pero deixaron unha pegada fonda no seu legado.
Nenhum comentário:
Postar um comentário