Traducción Estación Atlántica
A asociación prepara unha denuncia ante o Valedor do Pobo polo "incumplimiento" da lei que regula a memoria histórica polo PP
EFE | A Coruña 10.12.2014
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña cumpre 10 anos e por iso está preparando diversas iniciativas, entre elas unha denuncia ante o Valedor do Pobo polo "incumplimiento" da lei que regula a memoria histórica polo PP ou a petición de derrogación da Lei de Amnistía.
A asociación abordou estas medidas, en coincidencia hoxe co Día Internacional dos Dereitos Humanos, nun acto no que participaron os tres presidentes que ha ter nesta década: Beatriz Gómez Amigo, Manuel Monge González e o actual presidente, Fernando Souto Suárez.
Para o próximo ano e con motivo do seu décimo aniversario, a CRMH contempla a posibilidade de iniciar unha campaña de afiliación co obxectivo de alcanzar os 300 socios, pois actualmente hai máis de 225 asociados; organizar unha comida a segunda quincena de xaneiro; e publicar Cadernos Republicanos nº 4, que podería presentarse con motivo do Día da República 2015.
Ademais, segundo informa nun comunicado, prevé escribir ao Valedor do Pobo denunciando o "incumplimiento" polo Goberno municipal do PP da Lei de Memoria Histórica e do acordo plenario para a eliminación da simboloxía franquista.
Tamén escribirá a todos os grupos políticos do Estado, a través da Iniciativa Galega pola Memoria -coordinadora galega de grupos memorialistas-, para que inclúan nos seus programas electorais a derrogación da Lei de Amnistía ou a supresión da simboloxía franquista.
Nenhum comentário:
Postar um comentário