O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 16 de dezembro de 2014

Centenario da Alianza Mariñeira de Marín

 
A Asociacion para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, chegado o mes de decembro, homenaxea e recorda aos veciños da vila, vítimas do Levantamento Militar que tivo como primordial obxectivo desmantelar o Réxime Democrático iniciado coa 2ª República.
 
Coincidindo este ano o Centenario da Unión de Pescadores A Alianza Mariñeira 1914-2014, queremos adicar aos mariñeiros da nosa vila que loitaron dentro das organizacións por mellorar as súas condicións de vida sendo este colectivo o mais perseguido e represaliado.

O vindeiro venres 19 de decembro, a Asociación organiza unha charla-coloquio a cargo do investigador marinense Celso Milleiro que analizará a evolución do asociacionismo do mar dende finais do século xlx en Marín.

A Alianza Mariñeira tivo o seu domicilio en Marín na rúa de Riestra nº 14 (rúa da Ponte) e o seu primeiro presidente foi Alejandro de los Santos Zapatero e a primeira Comisión Organizadora está formada por Andrés Iglesias Otero, José Rodríguez e Laureano Arosa.

Nenhum comentário:

Postar um comentário