O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 15 de maio de 2015

O desfeito: Letras Galegas 2015

Membro da Comisión Depuradora do Maxisterio
 
LETRAS GALEGAS 2015
 
Homenaxeado: Xosé Figueira Valverde
 
A selección deste persoeiro pola Real Academia Galega, foi polémica desde os primeiros momentos, debido aó seu pasado franquista, e no devalar do ano producíronse comentarios a prol e en contra. A ninguén lle escoitei que os seus traballos non merecesen algún agasallo relativo a súa vida profesional, agora ben: entrar no "Olimpo" das Letras Galegas, compromete tamén a ter un pasado democrático limpo, e ese non é o caso de Filgueira.
 
Si a chamada transición non seguirá ocultando os desmáns da ditadura e as consecuencias que arrastou, os colaboracionistas estarían descubertos e non teriamos polémicas sobre quen é quén .
 
Os Relatores da ONU para os Dereitos Humanos teñen informado repetidas veces sobre o chamado "caso de España", entre outras moitas cousas: despois da ocultación ven a negación dos feitos e logo a revisión, e a continuación acontece que os vitimarios pasan a ser as vitimas, quedando as vitimas desprotexidas e consideradas como radicais cargados de odio que non saben perdoar. E nesta situación estamos.
 
Filgueira, en maio de 1935 encabeza Dereita Galeguista, dentro do Partido Galeguista. Cando se produce a rebelión militar apoia aos facciosos con proclamas en Radio Pontevedra e en artigos na prensa. Formou parte da Comisión Depuradora do Maxisterio do que no ano 1947 xa era presidente. Filgueira xa tiña un pasado depurador desde decembro 1936 que xuntamente co cóengo Antonio García Code, formaba parte da Comisión de Depuración das Bibliotecas.
 
Resumindo
 
Un home que ataca o máis fundamental e sagrado da democracia, como son :Mestres/profesores e libros, purgando aos seus propios compañeiros durante anos, colaborando coa implantación do nacional-catolicismo nas aulas, e condenando a "fogueira"a obra de antigos compañeiros como Castelao, Dieste, Seoane, Paz Andrade e tantos outros e outras que fixeran un colosal esforzó por sacar a Galicia das tebras da ignorancia que a consumían. E mentras queste persoeiro desfacía una gran obra, outros morrian diante dun pelotón de fusilamento, outros no exilio e moitos e moitas vivindo estarrecidos polo medo, e él, ai! Él elixido alcalde e xefe local do movimiento chantando no peito os atributos falanxistas.
 
Domingo 17 de maio 2015, día de oprobio para Galicia
 
Poden, os e as educadore/ as si é que coñecen o persoeiro estar dacordo con este insultante nomeamento? Coido que non
 
Supoño que a fenda na RAG está aberta, e non é para menos, porque fixeron revisionismo.
 
Fonte: Medo político e control na retaguarda franquista.
 
Autor: Lucio Martínez Pereda
 
Telmo Comesaña Feixoeira 15 maio 2015
 
Nota: Na páxina 40 do Faro de Vigo, Ceferino de Blas volta a facer revisionismo: magnifica a súa obra e elude a parte máis insidiosa como é a da depuración e a entrega inmediata aos golpistas, e cangalles aos membros da RAG o mal clima creado.
 
Era visto, Ceferino non engaña, está na linia do revisionismo