O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 1 de maio de 2015

Un avogado denuncia ao Obispado por manter unha placa franquista na catedral


Un avogado madrileño, Eduardo Ranz Alonso, especializado nos asuntos relacionados coa Memoria Histórica presentou varias denuncias contra tres concellos galegos e contra o bispo de Ourense, ademais de remitir un escrito ao Concello de Celanova, para esixir a retirada de simboloxía franquista.
       
No caso do bispo de Ourense, Leonardo Lemos, formalizou a denuncia penal «por un delito contra a independencia do Estado, castigado coa pena de prisión dun a tres anos», segundo explicou o letrado nun escrito recolleito por Europa Press. Ademais da denuncia, remitiu un escrito ao Obispado no que resalta que na catedral existe «simboloxía de exaltación da guerra civil e ditadura».
       
O elemento que esixe que se retire, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica, é unha placa colocada na primeira columna da nave esquerda mirando ao altar que ten o seguinte texto: «Camiñante: «Esa lámpada votiva, que aos pés do Señor monta a garda coa alabarda de ouro eternamente enhiesta da súa chama simboliza o recordo, inextinguible na terra ourensá, daqueles inmortais campións que, heroicos, deron á Nai España  o sangue que facía falta á súa bandeira de vergoña e dor amoratada». Gravado nunha cruz hai un escudo franquista, engade. Ranz Alonso afirmou a La Voz que «nadie con valores democráticos pode defender ou entender esta mestura entre Estado e Igrexa».
 
Avenida en Celanova
Doutra banda, ao Concello de Celanova reclámalle, nun escrito, que cumpra a Lei de Memoria Histórica e as disposicións do Tribunal Supremo e proceda á retirada inmediata do nome «López Blanco »- un mozo fanquista que morreu na Guerra Civil- dunha avenida da vila. Tamén lle reclama ao Concello que elabore un catálogo dos vestixios relativos da guerra e á ditadura.

Soneto de Rey Soto:
 
CAMINANTE: ESA LÁMPARA VOTIVA
QUE A LOS PIES DEL SEÑOR MONTA LA GUARDIA
CON LA ALABARDA DE ORO
ETERNAMENTE ENHIESTA DE SU LLAMA,
SIMBOLIZA EL RECUERDO, INEXTINGUIBLE
EN LA TIERRA ORENSANA,
DE AQUELLOS INMORTALES CAMPEONES
QUE, HEROICOS, DIERON A LA MADRE ESPAÑA,
LA SANGRE QUE HACÍA FALTA A SU BANDERA
DE VERGÜENZA  Y DOLOR AMORATADA.
 
CAMINANTE: LA TIERRA DE ESOS MÁRTIRES
TE PIDE UN PADRE NUESTRO POR SUS ALMAS.

Nenhum comentário:

Postar um comentário