O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 17 de maio de 2015

O PP, denunciado por "carrexar" anciáns "con demencia" para votar por correo nun pobo de Lugo

Casa do Concello de Riotorto / Xas

25/10/14
 Entre os carrexados hai xente de máis de 80 anos con alzhéimer e danos cerebrais
 
Traducción Estación Atlántica
  • O alcalde de Riotorto (BNG) asegura que varias "testemuñas" acreditan que "candidatos do PP andan movendo a persoas con demencia" ata oficinas de Correos para que soliciten o voto postal pese a non estar "capacitadas"
  • Feijóo ofrece este sábado un mitin no pobo xunto ao portavoz do PP no Senado e presidente provincial do partido
El Diario.es - David Lombao 16/5/15
O pequeno Concello de Riotorto, de apenas 1.400 habitantes, é un dos marcados en vermello no taboleiro electoral do PP lucense. Actualmente está gobernado por unha coalición do BNG -4 concelleiros- e o PSdeG -1 concelleiro-, mentres que a oposición está formada por 4 edís conservadores. Malia ás súas escasas dimensións, Riotorto é unha praza relevante para outra batalla, a cobizada Diputación de Lugo. Posiblemente por iso este sábado Alberto Núñez Feijóo acode personalmente a ofrecer un mitin alí. Para o alcalde e candidato á reelección, Federico Gutiérrez, a presenza do presidente da Xunta equivale a un "aval" ás prácticas que acaba de denunciar ante a Xunta Electoral: o "carrexo" de anciáns con "demencia" para tramitar o voto por correo malia non estar capacitados, di.
 
"presentamos unha denuncia ante a Xunta Electoral porque temos testemuñas", explica Gutiérrez en declaracións a este diario. Nas últimas semanas, asegura, "os candidatos do PP andan movendo a persoas anciás", das que nos consta que están solicitando certificados médicos" por tratarse de "xente que ten demencia". Lévanas, di, a oficinas de Correos como a do concello veciño da Pastoriza para solicitar o voto postal nas eleccións do 24 de maio. Fano malia "ser xente que non saben onde están, que non se poden nin mover" e que, na súa maioría, habitan en residencias de maiores por non poder valerse por si mesmas.
 
Ao contrario do denunciado polo alcalde socialista do concello ourensano de Amoeiro, neste caso non existe oferta dos servizos dun notario para facer o trámite. "Si teñen que facerse cun poder notarial resúltalles un proceso máis complicado", e neste caso para o PP local é "moito máis operativo o coche, levalos á oficina de Correos, arranxarlles os papeis, e listo". Isto sucede, entre outros motivos, asegura, porque un dos candidatos populares "ten un taxi e xa se encarga el de mover ás persoas". Este xeito de actuar ata "provocou algún enfrontamento con traballadores de Correos", dadas as dificultades das persoas transportadas para comprender os documentos.
 
"Aquí coñecémosnos/coñecémonos todos", resume Gutiérrez, para constatar que isto "non é nada que non fagan sempre". A única diferenza, mantén, é que "esta vez é máis intenso". O caso xa está na mesa da Xunta Electoral e "xa se lle comunicou á Garda Civil", aínda que o alcalde teme que "quede en nada". "Polo menos" que se saiba, reflexiona, mentres lamenta que Feijóo vaia a servir, coa súa presenza, de "aval a este tipo de prácticas". "Non creo que os vaia a reprender" durante o mitin, no que tamén está prevista a presenza do presidente provincial e portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro.
 
A denuncia e a presenza de Feijóo na campaña de Riotorto chega logo dun mandato municipal no que o alcalde deste pequeno Concello mantivo enfrontamentos directos coa Xunta en varios asuntos, especialmente no referido ao copago de medicamentos. Así, despois de que o Ministerio de Sanidade anunciase a exclusión de varios medicamentos do financiamento público o goberno local deste pobo anunciou que se faría cargo do custo dos fármacos e o movemento de oposición a este recorte sanitario chegou a ser alcumado como "espírito de Riotorto". 

Nenhum comentário:

Postar um comentário