O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 31 de maio de 2015

Proxección de "O Piloto" e "A volta dos nove"

 
Tabeiros Montes 30/5/15
Proxección de documentais estreados este ano sobre a memoria histórica para conmemorar o 5 de xuño

A Asociación Cultural “Vagalumes” na lembranza dos “Mártires da Estrada” que co alcalde á cabeza foron fusilados o 5 de xuño de 1937 vai conmemorar esta data coa exhibición de dous documentais que tratan de achegarnos ao noso pasado silenciado. Trátase de “O Piloto” de Xosé Reigosa (o día 5 de xuño) e de “A volta dos nove” de Antonio Caeiro (o día 6 de xuño). Contaremos coa presenza de ambos os dous realizadores que presentarán os seus traballos e ademais do escritor Alfonso Eiré, autor do libro “O Piloto” que inspirou o documental do mesmo título.

As proxeccións serán no Teatro Principal da Estrada ás 20:30 e a entrada será libre e gratuíta.

O Piloto

O 10 de Marzo deste ano, cumpríronse 50 anos da morte de Xosé Luís Castro Veiga,coñecido popularmente como O Piloto. Neste documental, falan medio cento de persoas,que tiveron relación con el, tamén se dan a coñecer,documentos inéditos que mudaran a visión deformada,que se veu dando historicamente deste guerrilleiro e unha entrevista realizada no ano 1979, á súa compañeira Mirelle.

A volta dos nove
A VOLTA DOS NOVE é un documental de memoria oral que comenza na actualidade e viaxa, nun longo flasback, cara os anos trinta.

Por medio de distintas testemuñas orais, vamos a construír un feito que deixou marcada a unha comarca pontevedresa durante xeracións. Tra-lo golpe de estado do 17-18 de xullo de 1936, vai a comenzar unha longa Guerra Civil que vai durar hasta 1939.

O momento de clímax desta historia vai a situarse en outubro de 1936, aínda recente comenzada a contenda.

Galicia. Pontevedra. O Val Miñor. Aquí non había campos de batalla. Non se escoitaban explosións. Pero hai vítimas que se agochan dos seus perseguidores. Persoas que aparecen, asasinadas, nas cunetas das estradas ou nas praias.

Na noite do 15 de outubro para o 16, nove homes van a ser sacados da prisión habilitada do Frontón de Vigo, onde esmorecían centos de persoas afíns a democracia e a República, e levados as aforas de Baiona, 18 quilómetros mais lonxe e preto das súas casas. Alí, nunha volta da estrada que vai de Baiona a Guarda, que desde ese día ía a levar o nome deles, serían salvaxemente asasinados. Era o final dunha vinganza que se iniciara dous días antes e que xa contabilizaba catro mortes mais. Pero era o principio dunha lenda: a das cruces de A VOLTA DOS NOVE.
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário