O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 26 de outubro de 2010

Proxección do documental "Las manos en la tierra"


"Las manos en la tierra"
de Virginia Martínez


Mañá, mércores 27 de outubro ás 20.00 horas, no Salón de Actos do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” rua San Roque 2 en Santiago, proxectarase por primeira vez fóra de terras suramericanas, o documental “Las manos en la tierra” da cineasta Virginia Martínez (Montevideo, 1959), nun acto organizado polo O CSIC, o Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, a Universidad de la República Uruguay, a Universidade de Santiago de Compostela e Aceituna Films.

Tras a proxección da película celebrarase unha charla coloquio coa participación do director do Proxecto "Nomes e Voces", Lourenzo Fernández Prieto, o antropólogo e supervisor das excavacións, José López Mazz, e o coordinador da área de Ciencias humanas e Sociais do CSIC, Felipe Criado.

O tema desta película, que ven de recibir o premio DOCTV Latinoamérica, parte dos traballos de escavación que desenvolven un grupo de arqueólogos da Universidad de la República de Uruguai en xuño de 2005, cando entran por primeira vez na historia do país, nun cuartel militar para atopar os restos de detidos-desparecidos durante a ditadura en Uruguai entre 1973 e 1985. O documental reconstrúe a trama do proceso de escavacións, que marca un antes e un despois na historia do país, rexistrando e acompañando a busca dos corpos.

Con esta actividade, o Proxecto Interuniversitario continua ampliando a investigación das políticas de represión, achegando o debate á sociedade.

Agardamos que esta nova sexa de interese.
Grazas e un saúdo,
Chus Martínez

Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 981 563 100, ext. 13598

Nenhum comentário:

Postar um comentário