Os alumnos do Instituto A Paralaia, Moaña . Foto Gonzalo Núñez
Faro de Vigo - Morrazo 18.04.2015
Os alumnos do Instituto A Paralaia asistiron onte aos actos centrais dunha semana dedicada ao drama do Holocausto cometido polo réxime Nazi.
Con motivo do 70 aniversario do peche do campo de concentración de Auschwitz, abriuse unha exposición do fotógrafo Daniel Candal, que fotografou este simbólico campo de concentración. O propio fotógrafo impartiu onte unha charla aos mozos. Pero sen dúbida o momento máis emotivo da mañá produciuse coas palabras de Ania Horszowski.
Esta muller, de 94 anos, conseguiu escapar evitando a súa deportación a un campo de concentración. O seu marido si que foi enviado a un deles. As súas palabras sobre o horror vivido, axudado polo seu fillo, emocionaron a moitos dos estudantes presentes.
O acto repetirase o día 22 no Auditorio de Cangas, organizado polos institutos Rodeira e María Soliño.
Galansky, primero dcha., con los dos profesores de Rodeira y del María Soliño, los alumnos y la auxiliar estadounidense, tercera izda. // G.N. Cangas 17.04.2015
Cándida Lago (dcha.), co seu marido nunha foto do arquivo de Nós
Mulleres de Moaña homenaxea mañá á veciña que faleceu nunha protesta pola II República por un disparo das forzas de seguridade
Faro de Vigo - Fran G. Sas- Moaña 17.04.2015
A Asociación de Mulleres de Moaña e os colectivos pola memoria histórica do municipio lembran mañá a figura de Cándida Lago, sindicalista falecida o 13 de abril de 1931 cando participaba nunha manifestación celebrando a inminente chegada da II República. No acto participarán as catedráticas Aurora Marco e María Xesús López e descubrirase unha placa.
Cándida Lago, a pescadera e sindicalista moañesa que morreu o 13 de abril de 1931 nunha manifestación que celebraba a recente vitoria dos partidos republicanos nas eleccións municipais, é un símbolo da muller represaliada e da loita de tantas mulleres anónimas polos valores democráticos.
A súa figura será eterna en Moaña pois mañá, 18 de abril, a súa historia será lembrada nun acto organizado pola Asociación de Mulleres de Moaña e polos colectivos pola memoria histórica do municipio. A xornada concluirá cunha ofrenda floral e o descubrimento dunha placa, en principio temporal, na Rúa Canexa, xusto o punto no que Lago foi alcanzada por unha bala mortal cando apenas tiña 25 anos.
Os acontecementos producíronse xusto un día antes de que se proclamase oficialmente a II República, o 14 de abril de 1931. Cándida Lago, xunto a outras mulleres da vila, organizaran unha manifestación para celebrar o resultado das eleccións e a chegada dun novo sistema, que parecía inminente. As forzas da orde trataron de parar esa protesta falando mesmo cos maridos das organizadoras. Finalmente celebrouse de todos os xeitos. A Garda Civil disparou varias veces para dispersar a manifestación e unha desas balas alcanzou a Cándida Lago. Nunca quedou claro se foron disparos ao aire para asustar aos manifestantes ou se se tratou dun disparo ás asistentes.
Lago, que será homenaxeada mañá, estaba casada con Cándido Giráldez Coloret, que tamén era sindicalista e foi torturado e asasinado en 1936, despois do estalido da Guerra Civil.
O acto, que servirá para homenaxear ás mulleres represaliadas, comezará ás 17.00 horas no local da Asociación de Mulleres de Moaña. Arrincará con varias conferencias. A escritora, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e experta na memoria da loita feminista, Aurora Marco, dará comezo á tarde. Despois tomará a palabra María Xesús López Escudeiro, catedrática e activista da "memoria dá muller". A parte cultural chegará coa participación do poeta Xosé Daniel Costas.
Tamén tomará a palabra a presidenta da Asociación de Mulleres, Isabel Lorenzo. Espera, así mesmo, a asistencia das autoridades locais.
Os asistentes trasladaranse despois á Rúa Canexa para continuar a homenaxe cunha ofrenda floral e coa instalación dunha placa. Desde a Asociación de Mulleres aseguran que o Concello se comprometeu a iniciar os trámites necesarios para que a placa sexa permanente.
"Informes varios -Recompila os Informes sobre os sucesos obreiros do 10 de marzo de 1972 en Ferrol. Son documentos oficiais de autores tan plurales como : partidos políticos, entidades católicas como Cáritas de Ferrol, a JOC e a HOAC nacionais, o bispo da diócesis de Ferrol-Mondoñedo; sindicatos, e procedentes de diversos estamentos das forzas de defensa: Garda Civil, Policía Armada local e nacional, Brigada Político Social, etc. . Podemos observar que hai dous bandos, uno denuncia e reprende aos obreiros, constituído polos altos mandos do Astillero-Arsenal de Ferrol, xunto coas forzas represivas en xeral; e o outro bando que apoia, defende e reivindica dereitos para o caso concreto dos obreiros de Bazán, formado por todos os demais organismos, moitos deles clandestinos".
O colectivo A Regaduxa-Memoria histórica de Vilaboa organiza o xoves 16 de abril, ás 20.30 h na Casa dos Montes* de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa), a conferencia de Luís Bará “Imaxes da memoria”, un percorrido visual pola memoria da represión e a resistencia contra o fascismo.
A contido da conferencia organízase en tres partes:
-Memoria de Vilaboa
-O Lazareto de San Simón
-Mulleres da Galiza represaliada e resistente
Esta conferencia serve como preámbulo ao acto de homenaxe ás vítimas do terror franquista en Vilaboa, que terá lugar o domingo 26 de abril ás 19 h no peirao de Santa Cristina de Cobres, no que se inaugurará un monumento en lembranza de todas as vítimas.
*A Casa dos Montes está situada ao lado da igrexa parroquial de Santa Cristina de Cobres
A presenza de Rodolfo Martín Villa en Galiza xa xerou as primeiras críticas e rexeitamentos das redes sociais. Organizacións como Causa Galiza fan un chamamento a acudir ás Pontes o 18 de abril para evidenciar protestar contra a asistencia dun ex-alto cargo do franquismo sobre o que pende unha orde de detención internacional.
Sermos Galiza - A.V. 9/4715
Un ex-alto cargo do franquismo e da etapa da ‘Transición’ contra o que a xustiza arxentina emitiu hai seis meses orde de detención e extradición pola súa presunta responsabilidade co asasinato de 5 obreiros estará nas Pontes de García Rodríguez o 18 de abril para dar unha conferencia. Rodolfo Martín Villa, coñecido popularmente nos finais dos 70 como ‘La porra de la Transición’ pola violencia e contundencia coas que ordenaba actuar como Ministro da Gobernación contra as manifestación, estará no cine Alvoi para tomar parte no coloquio ‘Transición democrática en España’.
O 31 de outubro do ano pasado a xuíza María Servini-instrutora dunha causa penal contra o franquismo- ordenaba en baseo ao principio de xustiza universal deter Martín Villa e outra vintena de cargos imputados por crimes da ditadura. A Rodolfo Martín Villa considerábao responsábel da 'Matanza de Vitoria', na que a policía matou a tiros a 5 obreiros e feriu a 150.
A mediados de novembro a Interpol iniciaba as dilixencias previas para solicitar a detención de Martín Villa. Mais todo ficou en nada. Desde un principio o goberno español afirmou que non ía proceder a detención nin entrega ningunha do ex-ministro, amparándose na Lei da Amnistía de 1977. O propio Martín Villa, en entrevistas á prensa española, afirmaba que estaba disposto a declarar perante a xustiza arxentina e negaba calquera implicación nos feitos dos que era acusado.
En febreiro deste ano o xuíz Velasco arquivou a petición de asociacións de vítimas para que se detivese o ex-ministro.
Da guerra suxa ás portas xiratorias
Martín Villa ostentou no franquismo varios altos cargos no sindicato vertical e foi procurador en Cortes en 5 lexislaturas. De 1976 a 1979 foi ministro de Gobernación (Interior) do Estado español. Durante o seu mandato, e só en Euskadi, unha trintena de persoas morreron por accións dos membros das forzas de seguridade do Estado -dados dun Informe do Goberno Vasco-. O seu nome estivo relacionado, en reportaxes e investigacións, cos primeiros anos de ‘guerra suxa’ contra ETA, que decorreron na súa etapa como ministro. Tamén se ten indagado sobre a súa responsabilidade en casos como o atentado do Scala ('montaxe' contra a CNT) ou nos atentados contra o independentista canario Cubillo.
Foi deputado no Congreso e ministro nos gobernos de UCD, así como vicepresidente do goberno español despois do golpe de estado do 23-F. De 1997 a 2002 foi presidente de Endesa, no que se describiu xa daquela como un caso de ‘portas xiratoria’. Foi tamén comisionado do goberno español na catástrofe do ‘Prestige’.
Rexeitamento
A presenza de Rodolfo Martín Villa en Galiza xa xerou as primeiras críticas e rexeitamentos das redes sociais. Organizacións como Causa Galiza fan un chamamento a acudir ás Pontes o 18 de abril para evidenciar protestar contra a asistencia dun ex-alto cargo do franquismo sobre o que pende unha orde de detención internacional.
Cartas de un condenado a muerte. Los últimos días en prisión en 1936-37 del republicano español José Mejuto Bernárdez
Xoves 9 de abril | 19 hs. Sala Juan L. Ortiz
Biblioteca Nacional Mariano Moreno
Bos Aires
Presentacións Preséntase o libro que reúne cartas de Mejuto Bermúdez, publicado por Alvarellos Editora e ao coidado de Ana Paula Mejuto Soba e Olivia Rodríguez González.
Cartas dun condenado a matar... é un testemuño único, desgarrador, da guerra civil española. Trinta e cinco cartas escritas, entre outubro de 1936 e xullo de 1937, nas cárceres galegos do Frontón de Vigo, San Simón e Pontevedra polo preso republicano español José Mejuto Bernárdez (1906-1937).
Custodiadas no exilio arxentino pola súa neta Ana Paula Mejuto, ven agora a luz por vez primeira nunha edición ao coidado de Olivia Rodríguez que conta coa participación de Eduardo Galeano, Xesús Alonso Montero e a propia neta de José Mejuto.
José Anxo Fernández Arruti, xunto á imaxe da súa nai, na exposición da Ferrería
/ Ramón Leiro
O primoxénito de Josefina Arruti Viaño e Bibiano Fernández Osorio-Tafall rememora a historia familiar
Elena Larriba - Pontevedra / A Voz,
Jose Anxo Fernández Arruti apenas pode conter a emoción ao contemplar a imaxe da súa nai na exposición Do gris ao violeta, na que se lle rende homenaxe. «A miña nai sufriu aquí en silencio tanto ou máis que o meu pai no exilio». Comparte totalmente esta frase que pronunciou a súa irmá María del Carmen nunha reportaxe publicada no 2009 en La Voz de Galicia e que hoxe encabeza a descrición de Josefina Arruti Viaño, encarcerada en 1936 por ser a muller de Bibiano Fernández-Osorio Tafall, alcalde de Pontevedra durante a República e un dos galegos de maior relevancia internacional do século XX. A Guerra Civil separouna do seu marido, ao que nunca volveu ver, e sumiu á familia nunha difícil situación que o seu primoxénito recorda con dor, pero sen odio e sen rancor.
-¿Como está vivindo a familia esta homenaxe e que sentimentos afloran?
-Estamos moi agradecidos á corporación municipal por esta homenaxe, que me parece xusto. Ela, como pontevedresa nada na mesma praza da Peregrina, amaba profundamente a esta cidade, e para nós son moitos os sentimentos e recordos que afloran. Esta foto que está aquí exposta na Herrería fixéronlla en Madrid en 1936. Entón tiña 30 anos.
-¿Como era Josefina Arruti?
- A miña nai era unha muller sinxela, boa, sacrificada, moi discreta e moi prudente. Todo o que che diga dela é pouco. Para min, unha santa. Chamábanlle Finita e ese nome facíalle honra.
-¿Como foi a desmembración da familia, que recordos ten da súa infancia e da forzada ausencia do pai?
-Verdadeiramente, recórdoo con gran dor. Nós no 36 viviamos en Madrid porque o noso pai era subsecretario de Gobernación. A miña nai, os meus irmáns e eu chegamos a Pontevedra o 12 de xullo a pasar o verán, seis días antes de que empezase a Guerra Civil, e o meu pai quedou alí con idea de vir os fins de semana. El en zona republicana e nós en zona nacional. Iso fixo que nos separásemos. Eu tiña seis anos e non volvín velo ata 1953. Cando acabei a carreira de Dereito fun a facer o doutoramento a Roma, onde ocupaba un alto cargo da FAO. Foi o noso primeiro reencontro e logo volvín velo moitas veces máis en México e nas súas visitas a España.
-A súa nai, en cambio, nunca volveu verlle. ¿Como sufriu ela a separación e as consecuencias da guerra?
-En silencio. ¡Imaxínache!. Sen meterse en nada, sendo unha muller sinxela e prudente, foi encarcerada durante máis dun ano e despois estivo varios meses en arresto domiciliario. Os meus irmáns e eu tampouco podiamos saír á rúa, nin sequera para ir ao colexio. Viña unha profesora a casa. Só a miña avoa, coa que viviamos, podía saír. Parece ser que foron os Pais Franciscanos os que interviñeron, a través de xente boa de Pontevedra, para que nos levantasen o arresto. Desde neno sempre me preguntei quen deu a orde de encarcerar á miña nai e de arrestarnos. Pero non culpo a ninguén e fago miña a frase do gran amigo Gonzalo Adrio: ?Sen odio, sen rancor, pero co recordo vivo?. A vida quitounos, pero tamén nos deu moitas cousas. A diferenza doutras, na nosa familia non houbo morte. A miña muller era sobriña de Bóveda e mira o que lle pasou.
-¿A figura da súa avoa paterna foi moi importante nese momento?
-A nai do meu pai, Emilia Osorio, era unha muller de moito carácter e cando viñan rexistrarnos a casa enfrontábase aos cívicos. Considerábase responsable, ante a ausencia do seu fillo, do coidado da súa nora e dos seus netos e controlábanos ata o tempo que tardabamos en chegar do instituto a casa. A miña nai sufría coa avoa por dúrao que era, pero creo que os tres irmáns fomos moi estudiosos por ela e saímos adiante con moito sacrificio, facendo as nosas carreiras universitarias de Dereito, Historia e Medicina , practicamente, con bolsas.
-¿Cal era o sustento da familia? ¿Contaron con axudas do exterior?
-Contamos con xente que sempre nos axudou - eles sábeno e eu tamén o sei-. Axuda do exterior recibíase esporadicamente a través de terceiras persoas, porque era complicado. E na nosa casa de Benito Corbal tiñamos hóspedes importantes, que chegaron lonxe nas súas carreiras.
- Houbo varios intentos de reunificación da familia. ¿Que fallou?
-Non se sabe que fallou. Sei que un deses intentos ía ser un intercambio cun preso importante do Réxime de Franco. Pero desde Pontevedra comunicouse que a familia non quería facer ese troco, o cal era falso. Iso era mentira. Para nós fose estupendo, pero desde aquí non se permitiu. Estaba previsto que nos reunísemos en Lisboa e non puido levar a efecto porque non nos deron a autorización para saír de Pontevedra.
-¿É verdade que o seu pai chegou a culpar á súa nai de rexeitar o reencontro da familia?
-Sen razón, porque era completamente falso. Eu, aproveitando a miña estancia en Roma, convivín unha tempada con el e funlle explicando e aclarando moitas das dúbidas que el tiña respecto diso. E creo que o comprendeu perfectamente. ¡Que máis quixese a miña nai que marchar!. Hai a teoría de que a miña avoa non quería que nos fósemos, un sentimento entendible en todo caso, pero non foi iso o que o impediu.
-¿A súa nai animáballes a manter o contacto co seu pai, que ela non puido ter?
-A miña nai sempre nos inculcou o amor polo noso pai e que nos sentísemos orgullosos del. Sabía a relevancia que alcanzou na súa vida como científico, intelectual e diplomático e alegrábase de que mantivésemos contacto. Nese sentido eu fun un pequeno Napoleón ao propiciar tamén o seu reencontro cos meus outros dous irmáns. Eles mantiñan unha postura máis silenciosa e distante, que conseguimos romper. A miña irmá, por ser muller, era máis cómplice do sufrimento da miña nai.
-¿E cales eran os sentimentos do seu pai cara a vostedes cando xa refixera a súa vida en México?
-En Roma e en México sempre me acolleu cun gran cariño e con todas as honras, e nas ocasións que veu a España e Galicia para recibir diversos recoñecementos sempre nos tivo ao seu lado. Estaba moi orgulloso dos seus fillos e púñanos de exemplo. Tampouco creo que el tivese ningún sentimento de culpa. Era un home dunha gran cabeza e tamén bastante frío. Aquí non hai culpables, só inocentes e prexudicados. El tivo unha vida máis fácil e a miña nai máis complicada, pero foi felicísima rodeada dos seus fillos, netos e bisnietos.
-¿Nunca pensou en regresar?
-Cando Suárez lle propuxo presidir a Xunta preautonómica rexeitouno porque considerou que non tiña lexitimidade para aceptar. Pero el quería vir morrer a España e a proba é que cando faleceu en 1990 deixou devandito que chamasen ao seu fillo maior para que fóra a México a buscar as súas cinzas, como así fixen. Están depositadas no noso panteón familiar e alí descansan xunto ás da miña nai, que morreu trece anos despois, no 2003.
A imprensa burguesa mais reacionária perde cada vez mais qualquer decoro e lança-se a difundir reportagens que até nom há muito eram consideradas “extremistas” no campo de jogo do sistema. Hoje foi a vez do jornal direitista compostelano, ‘El Correo Gallego’, tradicionalmente ligado ao Partido Popular ou, no seu defeito, a quem quer que governe […]
Galiza - Diário Liberdade 05 Abril 2015 - A imprensa burguesa mais reacionária perde cada vez mais qualquer decoro e lança-se a difundir reportagens que até nom há muito eram consideradas "extremistas" no campo de jogo do sistema.
Hoje foi a vez do jornal direitista compostelano, 'El Correo Gallego', tradicionalmente ligado ao Partido Popular ou, no seu defeito, a quem quer que governe o concelho da capital e/ou a Junta da Galiza.
Numha reportagem de três páginas, o jornal compostelano homenageia um velho fascista que denomina "último galego da División Azul", um miltar veterano da campanha contra a URSS, que exibe abertamente o seu anticomunismo e gaba a "heroicidade" dos milhares de franquistas embarcados na "cruzada" nazifascista contra o povo soviético.
A reportagem, assinada por Antonio Balseiro, constitui umha constante apologética dos soldados "sem medo" que fôrom em apoio das tropas hitlerianas em plena invasom da URSS, numha operaçom de grandes dimensons ordenada polo governo golpista e ilegal do assassino Francisco Franco contra um país soberano.
Nada disso impede exaltar o alegado papel protagonista dos fascistas espanhóis na batalha de Krasni Bor, impedindo o esmagamento do exército nazi por parte das tropas soviéticas.
Para além dos pormenores do vomitivo "trabalho jornalístico", a publicaçom na capa e com grande extensom, textos e imagens laudatóriras de factos históricos como esse constitui mais um indício da deriva reacionária que de maneira cada vez mais visível segue a imprensa do regime.
Em maos do grande capital financeiro e da própria arquitetura institucional burguesa, financiados milionariamente com dinheiro público, os meios "de comunicaçom" servem mais do que nunca de complemento propandístico necessário na imposiçom da ideologia e do sistema dominante.
Presentación "Luita de Classes e Negociaçom Coletiva na Galiza do século XX"
Día: 10 de abril
Hora: 20h Lugar: Museo ManuelTorres Organiza: Asociación Recuperación da Memoria Histórica de Marín
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, un ano máis, conmemorará o aniversario da proclamación da II República con diversos actos que comezarán o día 10 de abril.
O venres día 10, ás 20:00 horas no salón de actos do Museo Torres, terá lugar a presentación do novo libro do historiador e colaborador da asociación Carlos Velasco Souto, titulado "Luita de Classes e Negociaçom Coletiva na Galiza do século XX". Participarán tamén Guillermo Fontán e Xesús Chaves, activistas das folgas do ano 72 en Vigo.
Na noite do sábado 11, a partir das 21:30 horas, compartiremos unha velada de fraternidade na III Cea Republicana, no restaurante marinense Casa Pilán. Todas aquelas persoas que desexen acompañarnos deberán facer a reserva previa no correo da asociación (memoriadmarin@gmail.com) ou no teléfono 628 255 072. O prezo do prato é de 20 euros.
E o martes 14, día propiamente dito do 84 aniversario da proclamación da II República, ás 20:00 h. realizarase a xa tradicional ofrenda floral ante a Pedra da Liberdade (situada nos xardíns ao carón do edificio do concello); contaremos coa actuación da Banda de Música "Amigos da República" e darase lectura a un texto conmemorativo.
Sendo Director Xeneral de Prisións, Máximo Cuervo Radigales (1938-1942), estableceu unha política penitenciaria na que os presos debían pagar as súas penas coa privación de liberdade e con traballos de reconstrución dun País devastado.
O proxecto foi gestionado polo Patronato de Redención de Penas polo Traballo. O problema suscítase con que facer cos non aptos para ese tipo de traballos, ben por desnutrición ou ben pola súa avanzada idade. Convertéronse nun estorbo, a solución, ao máis puro estilo hitleriano, configurouse na Illa de San Simón.
Aproveitando as instalacións dun antigo convento e dun lazareto instalouse nas primeiras semanas da guerra unha especie de cárcere provisional para presos gubernativos que aínda non foran encausados pola jurisdicción militar.
Nesta época moitos dos detidos de San Simón foron sacados por elementos de Falange e os chamados "cívicos", e executados nas cunetas das estradas e ante os muros dos cemiterios
Segundo testemuños, o director de San Simón e das prisións de Pontevedra, Lago Búa, o médico forense Bustelo, foron responsables, xunto co tenente Rodríguez da Garda Civil, de moitos "paseos"; tamén se dedicaron a deter a persoas de dereitas ás que logo poñían en liberdade a cambio de importantes cantidades de diñeiro.
Denunciados por unha desas persoas de dereitas, foron condenados a matar en consello de guerra celebrado a porta pechada, e executados por un piquete ao mando, "casualmente", do seu compinche o tenente Rodríguez.
Ao derrubarse a Fronte Norte moitos prisioneiros foron conducidos a este cárcere provisional en funcións de campo de concentración.
Desde o porto de Bilbao partiu o barco prisión "Upo Mendi", cheo de prisioneiros, coa finalidade de integralo no sistema concentracionario de San Simón. A falta de calado impediu que o "Upo Mendi" achegásese o suficiente á illa de San Simón, permanecendo fondeado en augas máis profundas da ría de Vigo.
A San Simón foron tamén conducidos desde o campo de concentración de Camposancos varios presos condenados a pena de morte para ser executados. Ao finalizar a guerra tratouse de converter o Campo de Concentración de San Simón nun centro de reclusión para presos maiores de sesenta anos de idade, trasladando a centenares deles desde todas partes de España.
O 12 de Febreiro de 1943, coincidindo co principio do fin do Réxime Nazi, se evacua a illa de "refugallos humanos", mediante decreto de Franco no que se posibilitaba que os reos puidesen escoller destino penitenciario. por decreto de 17 de Decembro de 1943, 274 septuagenarios, poden ir libremente a morrer ás súas casas.