O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 23 de abril de 2010

O 14 de abril en Sada


Como cada ano, este 14 de abril conmemoramos en Sada o aniversario da proclamación da II República, cunha ofrenda floral ante o monumento ás vítimas da represión franquista.

Interviron no acto os socios Xesús Castro (que coordinou, abriu e pechou o acto), Amable Carballeira, Xosé Val, Marisa Naveiro, Rexina Basadre e Manuel Pérez, con diversas alocucións sobre a data nas que destacaron as críticas coa xudicatura en relación ao proceso contra o xuíz Garzón, e coa lectura de varios textos de Ramón Suárez Picallo e Manuel L. Freire-Calvelo. Concluíu o acto co Himno.Desde esta asociación agradecemos a todos os asistentes a súa presenza.

A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada