O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 16 de abril de 2010

Primeiro de maio: Ó compromiso social e á Solidaridade


Vigo, abril de 2010

Estimadas compañeiras e compañeiros:

Como é do voso coñecemento, nas datas nas que andamos estamos desenvolvendo toda a labor organizativa encol da conmemoración do 1.º DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES, labor da que vos daremos conta na achega I, para que poidades participar no conxunto das actividades.

Asemade, comunicámosvos que o día 13 abril, poderedes retirar as invitacións que precisedes para asistir á entrega dos Premios Primeiro de Maio: Ó COMPROMISO SOCIAL E Á SOLIDARIEDADE, que se entregarán no Auditorio do IFEVI, o dia 14 de maio, ás 20.00 horas e posteriormente terá lugar a cea-homenaxe ás 22.00 horas, no propio IFEVI.

As invitacións, ó prezo de 35 euros, están depositadas na área de Dirección, onde vos atenderá Susana Vega, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 18.30 horas. A data límite de retirada de invitacións, se aínda quedan, será o día 4 de maio.
Un afecutoso saúdo.
Amelia Pérez Álvarez
Galardonados deste ano 2010 son:
OLGA PIMENTEL SIERRA
MOVEMENTO DEMOCRÁTICO DE MULLERES
BALTASAR GARZÓN REAL