O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 15 de setembro de 2010

Aberto o prazo da matrícula do Congreso Internacional sobre memoria da guerra, reconciliación e cultura de paz





Estimados/as amigos/as:

O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" quere informarlles de que xa está aberto o prazo de matrícula para a edición do FORO 2010 que comenzará o 3 de decembro, e no que se celebrará o CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE MEMORIA DA GUERRA, RECONCILIACIÓN E CULTURA DE PAZ (días 13, 14 e 15 de decembro), organizado polo Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces".

Neste correo achegamos a seguinte información sobre o Congreso:

- PDF no que expoñer os obxectivos do Congreso, a súa duración e contidos, que contará coa participación de recoñecidos profesionais, especialistas no estudo histórico e xurídico dos procesos de paz e reconciliación en diferentes sesións de traballo.

- Folla de man na que consultar os diferentes Congresos que forman parte do Foro 2010.

- Cartaz do Foro 2010

Esperamos que este evento lles resulte de interese.

Grazas pola súa atención e un saúdo cordial

Se desexan recibir máis información, por favor contactar con:

Gustavo Hervella e Chus Martínez, Secretarios do Congreso
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”,
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 981 563 100, ext. 13598




Nenhum comentário:

Postar um comentário