Hoxe, xoves día 30 de setembro ás 19.00 horas, no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), terá lugar a presentación do libro de José Luis Díaz Gómez Represalia e desagravio dun médico lucense republicano (Ediciós do Castro, 2009), nun evento organizado polo
Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces".O acto, presentado e moderado polo Catedrático de Historia Lourenzo Fernández Prieto, Investigador Principal do Proxecto, contará coa presenza do autor, que estará acompañado pola profesora María Jesús Souto Blanco, coordinadora do Proxecto "Nomes e Voces", xunto a Isaac Díaz Pardo e Xosé Ramón Fandiño, como representantes da editora.
Grazas e recibide un cordial saúdo,
Chus Martínez
Nenhum comentário:
Postar um comentário