O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 26 de setembro de 2010

Xustiza logo de 35 anos


Traducción Estación Atlántica

Faro de Vigo 24 de setembro de 2010   

Este luns con motivo da conmemoración do fusilamento de Baena, celebrarase un acto no cemiterio de Pereiró ao que acudirán familiares e amigos para renderlle tributo. Ademais, Amigos da República proxectará ás 20.00 horas o documental Setembro do 75, baseado na vida de Baena, no Centro Social Caixanova en Vigo
"Non me depcione máis, Sr. Presidente", proclama Flor Baena, que esixe a inocencia do seu irmán, último fusilado polo réxime franquista
 
T.NOVOA Dan para moito 35 anos. Flor Baena empregounos en defender a inocencia do seu irmán, un dos cinco fusilados o 27 de setembro de 1975 polo réxime de Franco. Logo de tanto tempo, Flor continúa loitando sen perder a esperanza por que se faga xustiza.

Xustiza. É o único que reclama Flor Baena, a irmá do último fusilado pola ditadura franquista, Xoxé Humberto Baena. O 27 de setembro de 1975 Baena Alonso, Sánchez Bravo, García Sanz, ´Txiqui´ e Otaegui foron vítimas do réxime ditatorial. Treintaicinco anos despois, a irmá do militante vigués da FRAP (Fronte Revolucionaria Antifascista Patriota) continúa defendendo a súa inocencia.

"Non me decepcione outro ano máis, Sr. Presidente" con estas palabras comeza Flor unha carta que dirixe a Zapatero. Leva cinco anos pedindo ás autoridades políticas que recoñezan publicamente a inxustiza pola que o seu irmán perdeu a vida. Polo momento non obtivo resultados. Baena advirte que a Lei da Memoria Histórica non serve para nada. "A Lei permíteche reclamar ante o Constitucional a revisión dun caso que consideres inxusto e así o fixemos. A resposta do tribunal foi que non poden facer nada porque no 75 non había Constitución en España", explica Baena, "polo que a Lei de Memoria Histórica non é máis que unha cortina de fume", engade. O mesmo ocorreulle ao reclamar ante o Tribunal de Estrasburgo, onde recibiu a mesma contestación porque ata o 78 España non asinou a declaración dos Dereitos Humanos. Agora está reclamando ante a ONU, pero Flor témese que o resultado sexa o mesmo.

Humberto, ´Peter´ como lle chamaban na súa casa de Lavadores, foi acusado de asasinar ao policía Lucio Rodríguez o 14 de xullo en Madrid, día no que, segundo a súa irmá, Baena estaba en Portugal. No xuízo no que foi condenado a pena de morte, non se presentou ningunha proba da súa culpabilidade nin se permitiu que testemuñas que presenciaron o asasinato declarasen ante o xuíz.

Nenhum comentário:

Postar um comentário