Prezado/a amigo/a:
Mándoche información dunha inmediata actividade da asociación ourensá Amigos da República para que participes nela, se así o desexas, e deas conta da mesma.
Para asistir ao concerto -30 de setembro de 2010, ás 20,30 horas, no Teatro Principal de Ourense- é obrigatorio trocar o resgardo numerado que figura na parte superior dereita do programa de man por unha entrada no despacho de billetes do Teatro Principal o propio día do concerto de 11 a 13,30 h. e a partires dunha hora antes do inicio. Ou retirar directamente a entrada nese lugar.
Lembrar finalmente que Luis Yzquierdo Balbuena foi unha persoa boa e decente á quen asasinaron os traidores á Legalidade da II República porque si. Funcionario de correos, violinista e home culto, Yzquierdo Balbuena é un magnífico representante de cidadán comprometido coas medidas de progreso impulsadas por aquela II República dende a súa militancia socialista. Estes "graves delitos", unidos a súa condición de masón fixeron que fora detido e xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte, execución que se levou a cabo no Cumial o 26 de setembro de 1939. Tiña 45 anos.
Graciñas pola túa axuda
Xosé Lois Carrión
Nenhum comentário:
Postar um comentário