O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 24 de setembro de 2010

Invitación da Comisión Memoria e Dignidade de Mos


Queridas familias e amigos;


Póñome en contacto convosco para comunicarvos, que este ano, por motivos persoais e laboráis, foime imposible organizar ningún acto de homenaxe aos nosos familiares e amigos, asasinados polo fascismo franquista como se vén facendo, os últimos, anos no monumento, erixido na súa honra, ñas proximidades do cemiterio de Mos.

Nembargantes, e coa intención de que non se esqueza a súa memoria, e que sigamos esixindo reparación e xustiza, comunícovos que o vindeiro sábado 25 de setembro ás 17,30 no monumento ás vitimas no cemiterio de Mos ,estrada Porrino-Redondela, amigos e familiares reunirémonos para honrar a súa memoria e depositar un ramo de flores. Será un acto breve e sinxelo.

Espérovos a todos e agradezo de antemán a vosa asistencia.

Un saúdo cordial.
 
Presidenta da Comisión
Ana Aller Gómez

Nenhum comentário:

Postar um comentário