O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 2 de março de 2011

Presentación do libro "Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)", de Dionisio Pereira


Nomes e Voces-.
O martes, 22 de marzo ás 20.00 horas, o investigador Dionisio Pereira presenta o seu libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (Xerais, 2010) , na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela.

Amais do autor, participarán na presentación: Lourenzo Fernández Prieto, o Director do Proxecto "Nomes e Voces" e o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado.

Licenciado en Ciencias Económicas na USC, Dionisio Pereira (A Coruña, 1953) é historiador especialista na historia dos movementos sociais na Galicia contemporánea, ao que ten dedicado numerosos artigos e libros. Entre as súas obras destacan A CNT na Galiza (1922-1933), 1994; Sindicalistas e Rebeldes, 1998; Imaxes da Fatiga. Crónica gráfica do traballo na Galiza, 1999; Foulas e Ronseis (Retrincos para un tratado do Mar dos Galegos), 2005. Asi mesmo, coordinou e participou no volume colectivo Os conquistadores Modernos, 1992. Na actualidade é coordinador do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" e durante os últimos anos traballou no eido da cultura marítima de Galicia.

Tomando como principal fío condutor do discurso a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea, Dionisio Pereira mergúllanos no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo. Esta rede humana que turraba por unha riqueza compartida e un horizonte vital máis libre e igualitario foi, por iso mesmo, masacrada e marxinada.

Nesta obra, produto de moitos anos de traballos e investigacións potenciados coa singradura do chamado Barco da Memoria (2006), o autor tentou, como acto de xustiza e tamén como modesta semente de futuro, recuperar, relacionar e interpretar con rigor e veracidade anacos da «memoria dos vencidos» para retornalos aos seus herdeiros e a toda a cidadanía.

Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), cun estilo claro e conciso, ofrécelle ao lector todos os datos necesarios para entender a organización societaria dos mariñeiros galegos, dende o período anterior ao xurdimento do movemento obreiro ata a chegada da Guerra Civil e a posterior ditadura franquista.

Nenhum comentário:

Postar um comentário